No día de Nadal Deus nace dende a humildade. Nace un neno que se nos presenta como signo de luz e paz no medio da escuridade da violencia e da guerra. Este neno naceu pobre en Belén e traerá a paz. Xesús é a nosa paz e a fonte da nosa ledicia. Él é a nosa esperanza e luz, que sexamos reflexo da súa LUZ ao longo do ano.
Este é o blog do departamento de Pastoral do CPR La Milagrosa de Oleiros, onde iremos subindo todas as novidades do noso cole relacionadas con esta labor vicenciana.
lunes, 25 de diciembre de 2023
domingo, 24 de diciembre de 2023
UN NADAL SOLIDARIO
Dende a Comunidade Educativa queremos amosar o noso agradecemento a tódalas familias que colaboraron na recollida de alimentos no Nadal Solidario.
Gracias de corazón pola vosa solidariedade, a vosa sensibilidade e a vosa participación.
lunes, 11 de diciembre de 2023
TEMPO DE ADVENTO
Na sociedade na que nos tocou vivir fáltalle unha dimensión esencial para que sexamos plenos: a Interioridade. Esto é debido á rapidez coa que vivimos, sen deternos en nada nin con ninguén, a felicidade non ten tempo a chegar ata o noso corazón; xa que “vivimos” todo e quedámonos case sempre na superficie sen escoitar a vida con profundidade.
SEMANA VIRXE MILAGROSA
Na última semana do mes de Novembro, o colexio vestiuse de festa para conmemorar unha das celebracións da Familia Vicenciana: a festividade da Virxe Milagrosa.
domingo, 3 de diciembre de 2023
O GRAN REGALO DO AMOR: O PERDÓN
lunes, 27 de noviembre de 2023
FESTIVIDADE VIRXE MILAGROSA
martes, 21 de noviembre de 2023
DOMUND 2023
A aportación de diñeiro en favor dos territorios de misión é un signo do noso compromiso cos máis necesitados deste mundo. Con él axudamos aos misioneiros a ser testemuñas, especialmente nestes momentos nos que tantas miserias vense acentuadas. Por iso, rematada a campaña do DOMUND queremos dárvolas GRACIAS pola vosa implicación e participación.
lunes, 6 de noviembre de 2023
TÓMBOLA MISIONEIRA
Na última semana do pasado mes tivo lugar a tómbola Misioneira, dita actividade está enmarcada no Outubro Misioneiro e ten como fin recadar fondos que sosteñan económicamente os proxectos de axuda nas casas que temos na Comunidade de Mokom.
Nela atenden as diferentes necesidades: atención sanitaria e seguimento e acompañamento a estudantes co apoio das Becas, que familias do colexio e as Fillas da Caridade sosteñen dende as diferentes Comunidades.
Dende a Comunidade
Educativa da Milagrosa queremos darvos as gracias pola acollida, a
participación e implicación dos alumnos e das familias na Tómbola, xa que se
recadaron 933€.
A vosa
solidariedade é o exemplo vivo do carisma vicenciano, esta aposta
decidida é a que queremos no mundo para sentirnos, como di o papa Francisco,
cristiáns en saída, misericordiosos, abertos ao diálogo cultural e comprometidos
coa casa común.
jueves, 2 de noviembre de 2023
HOLYWINS
A palabra Halloween significa «All hallow’s eve», palabra que
ven do inglés antigo, e que significa «a véspera de tódolos santos», refírese á
noite do 31 de outubro, que é a véspera da Festa de Tódolos Santos. Sen embargo,
a antiga costume anglosaxona quitoulle o seu sentido relixioso para celebrar no
seu lugar a noite do terror, das bruxas e das pantasmas.
Nos últimos anos, o Papa Francisco, en diferentes documentos
(exhortación apostólica «Gaudete et exultate») e situacións, lembrou que todos
estamos chamados a santidade, por iso en diversas partes do mundo propuxéronse
recuperalo 31 de outubro como a Véspera de Tódolos Santos. Así naceu a
celebración de “Holywins”, para festexar cos nenos e xóvenes a chamada
universal a santidade. Esta iniciativa naceu na diócese de París no ano
2002.
Este ano, no colexio, quixemos recuperar un proxecto que
dende o ano 2021 non fomos quen de recuperalo ata este curso. Estas dúas
últimas semanas os alumnos do 2º e 3º ciclo da Primaria elaboraron diversos
murais, despois de investigar sobre algúns datos dos santos que se chaman coma
eles. Esperamos nos vindeiros cursos ampliar as actividades deste proxecto e
involucrar a máis alumnos.
viernes, 20 de octubre de 2023
DOMUND 2023
O vindeiro domingo, 22 de Outubro, celebramos o Domingo Mundial das Misións co lema: "Corazóns ardentes, pés en camiño”.
O lema do Domund deste
ano amósanos que a historia da Igrexa está tecida por corazóns ardentes que,
como os discípulos de Emaús, atópanse con Xesús vivo e resucitado, e póñense
inmediatamente en camiño para anuncialo a quen aínda non o coñece. Ti tamén podés
formar parte da Misión, participa!
GRAN TÓMBOLA MISIONEIRA!!!
A vindeira semana volvemos a retomar a celebración da Tómbola Misioneira no colexio. Os fondos recaudados serán para apoiar unha beca de estudio en Mokom(Guinea).A tómbola comezará o vindeiro martes.
Estades todos invitados, esperamos a vosa participación con moita ilusión.
miércoles, 4 de octubre de 2023
CELEBRAMOS SAN VICENTE
O pasado 27 de outubro foi un dos días máis especiais e importantes do colexio, xa que celebramos con ledicia a festividade do noso querido San Vicente de Paúl. Ao longo da mañá os diferentes cursos participaron dunha celebración xunto cos seus titores, onde destacaron que Vicente de Paúl foi un home cheo de virtudes que nos ensinou o amor aos máis desfavorecidos e indicounos o camiño da caridade e entrega aos demáis, sen pedir nada a cambio, só comprometéndose coa mensaxe de Xesús de Nazaret, ao que tanto amaba. Un home de carácter, que fixo da sinxeleza o seu evanxeo, coa cal foi quen de levar a cabo unha misión moi difícil nos tempos que lle tocou vivir.
Durante o recreo tódolos alumnos e mestres desfrutaron dunha
deliciosa chocolatada.
martes, 26 de septiembre de 2023
jueves, 6 de julio de 2023
GRACIAS FAMILIAS
Dende a Comunidade Educativa do colexio queremos dar a
gracias a tódalas familias que se implicaron no noso proxecto: “Ningunha
familia sen comida”. Porque todas elas nos amosaron o seu apoio, comprensión e
esforzo ao longo do curso que acabamos de rematar. Non queríamos irnos sen
antes dicirvos que:
Gracias por facer, pouco a pouco, crecer e avanzar o
noso proxecto como escola e comunidade
educativa. Gracias por formar parte deste proxecto, desta escola, do Colexio A
Milagrosa-Josefa Sobrido.
domingo, 14 de mayo de 2023
CELEBRACIÓN SANTA LUISA DE MARILLAC
martes, 2 de mayo de 2023
MES DE MAIO
domingo, 16 de abril de 2023
TEMPO PASCUAL
Anunciamos con alegría que
Xesús resucitou. Seguimos camiño... e descubrimos o GRAN TESOURO da SEMANA
SANTA!
CRISTO RESUCITOU! VIVE!
No evanxeo destes próximos
oito domingos vánnolo anunciar diferentes persoas, dende María Magdalena ata os
discípulos de Emaús.
Cada domingo, seguiremos
descubrindo unha chamada especial a non gardarnos este gran tesouro que é Cristo. Vivamos intensamente esta cincuentena
e preparémonos para que Pentecoste sexa a renovación do noso bautismo e
confirmación como persoas e comunidades.
domingo, 9 de abril de 2023
DOMINGO DE RESURRECCIÓN
A morte non ten a última palabra, senón Deus. Hai tanta morte inxusta, tanta enfermidade, tanta vida sen sentido, que poderíamos afundirnos na desesperanza. A resurrección de Xesús lémbranos que Deus existe e salva. El faranos coñecer a vida plena que aquí non coñecemos.
Celebrala resurrección de Xesús é abrirnos a enerxía vivificadora de Deus. O verdadeiro inimigo da vida non é o sufrimento, senón a tristura. Nos tempos que vivimos fáltanos paixón pola vida e compaixón polos que sofren e sóbranos apatía e hedonismo barato que nos fan vivir sen desfrutar o mellor da nosa existencia: o Amor. A resurrección ten quer ser a fonte e o estímulo dunha Vida Nova.
sábado, 8 de abril de 2023
SÁBADO SANTO
O Sábado Santo non é un día de grandes actos, nin festexos, nin ruídos. O Señor morreu, e repousa no sepulcro. É o momento de pararnos e de contemplala morte de Xesús, é o día do silencio, da espera por excelencia. Nesta xornada unímonos a toda a Igrexa no rezo da Liturxia das Horas, a espera da Pascua do Señor.
Esperar xunto ao sepulcro de Xesús é un signo de confianza en Deus, que todo o pode, incluso resucitar de entre os mortos para dárnola vida. Nesta espera estamos acompañados pola Nai de Xesús. Compartimos a súa soidade esperanzada, que nos anima a confiar contra toda desesperanza, en que as verbas de Xesús en de xamais defraudan: «Ao terceiro día, resucitarei».
Non celebrámola Eucaristía ata a solemne Vixilia Pascual xa, como parte das celebracións do Domingo de Resurrección -a festa das festas-. Chegamos a culminación do Triduo Pascual e de tódalas celebracións cristiás, que será o triunfo de Cristo sobre o pecado.
viernes, 7 de abril de 2023
VENRES SANTO
jueves, 6 de abril de 2023
XOVES SANTO
![]() |
domingo, 2 de abril de 2023
DOMINGO DE RAMOS
Coa celebración do domingo de Ramos comezamos a Semana Santa. Hoxe comeza a gran semana litúrxica que nos leva cara a Pascua, a morte e resurrección do Señor, centro da nosa fe.
Neste domingo, a Igrexa conmemora a entrada de Xesús en Xerusalén para dar cumprimento ao seu misterio pascual. Celebramos con ledicia e proclamamos “quen ven no nome do Señor”, presaxio do triunfo real de Cristo; e a dor pola súa morte inminente na cruz, que nos anticipa a lectura da Paixón, anuncio de que a salvación terá lugar a través do misterio da súa morte e resurrección. Co seu exemplo, o Señor ensínanos, que vivir a fe é antepoñer a vontade do Pai á nosa. E confiar a nosa vida nas súas mans.
Que esta Semana Santa que hoxe comezamos sexa unha profunda experiencia de renovación de nosa fe.
lunes, 27 de marzo de 2023
NA SOLIDARIEDADE, TI ERES UNHA PEZA CLAVE!
domingo, 26 de marzo de 2023
QUINTO DOMINGO DE CORESMA
domingo, 19 de marzo de 2023
CUARTO DOMINGO DE CORESMA
Neste
domingo, cuarto de Coresma, a luz é o símbolo que nos invita a conversión para
vivila Pascua con Cristo; este tempo bríndanos a oportunidade para quitarnos
esa “cegueira” que produce en nós a
prepotencia e o orgullo. Por iso queremos coma o cego que cure as nosas
“cegueiras” e nos axude a descubrilo
vivindo o cotiá, a non competir, nin buscar xustificacións para condenar e tela
razón. Que a súa LUZ nos ilumine a todos e nos axude a saír das nosas
“cegueiras”.
BOCADILLO SOLIDARIO
Foi unha xornada de
convivencia na que alumnos e profesores fixemos un "picnic" nun
entorno incomparable, o Dolmen de Axeitos.
TERCEIRO DOMINGO DE CORESMA
PRIMEIRO E SEGUNDO DOMINGO DE CORESMA
Nos
dous primeiros domingos de Coresma, invitóusenos a escoitar o grito de alerta
ante os graves erros nos que podemos caer ao longo da nosa vida. Os erros que
cometemos buscando o refuxio cómodo que
nos permita vivir sen sobresaltos nin preocupacións excesivas, renunciando a
calquera outra aspiración, deixándonos vacíos e insatisfeitos.
Xesús
ofrécenos a posibilidade de ser cada día más humanos. Invítanos a saír do noso
conformismo, a romper cun estilo de vida egoísta no que estamos, tal vez
confortablemente instalados, e a empezar a vivir máis atentos a interpelación que nos chega dende os máis
desvalidos de nosa sociedade.
miércoles, 1 de marzo de 2023
MÉRCORES DE CINZA
O Mércores de Cinza marca o inicio dun novo tempo litúrxico, a Coresma, que son os 40 días antes do Domingo de Ramos, día do comezo da Semana Santa. A comunidade cristiá está chamada a pararse, a poñer atención ao seu redor e buscar e darlle importancia ao SER e non ao TER, ao AMAR e non ao POSUIR.
No
colexio celebrámolo cunha sinxela celebración cargada de simbolismo, onde lle
pedimos a Xesús que sexamos sensibles ante as dificultades dos demais e que nos
axude a buscar sempre a luz e a ser luz para quen nos rodea.
O
Mércores de Cinza caracterízase ademais polo rito da imposición da cinza na
fronte, facendo a sinal da cruz, mentres se di a seguinte frase extraída da
Biblia: «Convértete e cre no Evanxeo». A imposición da cinza é símbolo –sobre
todo- de abrirse a misericordia e o perdón de Deus, porque seguindo o camiño que Xesús nos propón, seremos máis felices
e poderemos facer máis felices aos demais.
miércoles, 22 de febrero de 2023
MÉRCORES DE CINZA
A
Coresma comeza co Mércores de Cinza: é tempo de oración, penitencia e xaxún.
Corenta días que a Igrexa marca para a conversión do corazón. Sinónimo de
"conversión" é así mesmo a palabra "penitencia"...
Penitencia como cambio de mentalidade. Penitencia como expresión de libre e
positivo esforzo no seguimento de Cristo.

lunes, 6 de febrero de 2023
CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
Este
pasado luns celebrámolo Día Escolar da Paz e a Non Violencia, porque a PAZ non
é cousa dun día, nin dun acto ou actividade especial, senón que empeza por un
mesmo e nos fai felices a todos.
Este curso o valor que estamos a traballar é a
Paz, polo que levamos dende setembro traballando e reflexionando con
actividades para fomentar a igualdade, a cooperación, os dereitos humanos e a
importancia da resolución dos conflitos. Algo que aínda que se traballe
diariamente na aula, quérese enfatizar máis nestes días previos a dita data.
Comezabamos
o noso acto cun manifesto que os alumnos de 4º de ESO nos leron a toda a Comunidade Educativa. O lema
deste ano foi «a Mochila de la Paz». Partimos de que o noso colexio é un espacio de paz porque levámolas mochilas
cargadas de... actitudes ou valores que
debemos ter para crear un clima de convivencia positivo e sobre todo, facer un
bo uso de eles. Esta canción representouse
nun mural no patio no que cada clase de Infantil e Primaria pegaba un
obxecto escolar e o seu compromiso correspondente. Así mesmo os alumnos da Eso
aportaron o seu gran de área freando a violencia e as conductas de intolerancia
,cambiándoas por actitudes de esperanza e ilusión. Fíxose entrega dos diplomas
aos gañadores de Primaria e Eso da Liga de Paz, rematamos o acto formando entre
todos a palabra Paz.
Lembrando que a paz de todos non é posible
senón nos queremos e nos sentimos ben con nós mesmos, e así teremos ese sorriso
co que empeza a paz.
viernes, 6 de enero de 2023
EPIFANÍA DO SEÑOR
Epifanía significa manifestación. Amósase desa maneira a fermosa realidade de Deus que ven para todos: tódalas nacións, linguas e pobos son acollidos e amados por El. O seu símbolo é a luz, que chega a todas as partes e as ilumina. Os tres Sabios de oriente que viron a Luz foi, porque tiñan a capacidade de estar abertos e saber distinguir os signos dos tempos, escoitaron a voz do ceo e o seu propio corazón: a chamada de Deus.
Trala
Adoración foi tal a luz e a ledicia que recibiron, que eles mesmos
convertéronse en estrelas. E por onde queira que ían daban testemuña do que
viron e oíran. Foron luz da esperanza,
do amor e da ledicia para os famentos da luz e de Deus.
Nós estamos
invitados a imitar aos Sabios a levantala vista e a descubrir como, ante esta
LUZ, o noso corazón engrandécese. Coma
os Sabios, sintamos ese agradecemento de ser chamados a formar parte da Igrexa.
Desta Igrexa que ten que proclamar que non hai escuridade, que hai luz; que hai
verdade; que tódolos homes non son inimigos uns dos outros, senón que son
irmáns. Esta Igrexa que ten, en medio deste mundo necesitado de luz, que
invitarnos a reconciliación, a construíla paz, a marcar camiños; camiños de
encontro, camiños de comunión entre os homes, camiños de misión. Nós, a Igrexa,
temos que regalar, promover, e
manifestar a luz de Xesucristo.