lunes, 25 de diciembre de 2023

NADAL 2023

No día de Nadal Deus nace dende a humildade. Nace un neno que se nos presenta como signo de luz e paz no medio da escuridade da violencia e da guerra. Este neno naceu pobre en Belén e traerá a paz. Xesús é a  nosa paz e a fonte da nosa ledicia. Él é a nosa esperanza e luz, que sexamos reflexo da súa LUZ ao longo do ano.


domingo, 24 de diciembre de 2023

UN NADAL SOLIDARIO

Dende a Comunidade Educativa queremos amosar o noso agradecemento a tódalas familias que colaboraron na recollida de alimentos no Nadal Solidario.

Gracias de corazón pola vosa solidariedade, a vosa sensibilidade  e a vosa participación.



lunes, 11 de diciembre de 2023

TEMPO DE ADVENTO

Na sociedade na que nos tocou vivir  fáltalle unha dimensión esencial para que sexamos plenos: a Interioridade. Esto é debido á rapidez coa que vivimos, sen deternos en nada nin con ninguén, a felicidade non ten tempo a chegar ata o noso corazón; xa que “vivimos” todo e quedámonos case sempre na superficie sen escoitar a vida con profundidade.

Os momentos de silencio pódennos curar, pero apenas somos capaces de atopalo en medio de tódalas ocupacións que temos que atender. Cada día temos menos espacio para a interioridade na nosa vida diaria, porque aprendemos a vivir “como cousas  no medio de cousas”(Jean Onimus). Acotío apostamos polo exterior e Deus resulta de pouco interese para a vida diaria. Por iso, neste tempo de Advento queremos que Xesús sexa quen oriente a nosa vida. Polo que cada domingo, o evanxeo será un punto cardinal para deixarnos guiar e nos enseñe a acoller  a Xesús. Que o seu nacemento encha de sentido a nosa vida!!



SEMANA VIRXE MILAGROSA


Na última semana do mes de Novembro, o colexio vestiuse de festa para conmemorar unha das celebracións da Familia Vicenciana: a festividade da Virxe Milagrosa.

Os alumnos dende 4º de Infantil ata 4º da ESO, no transcurso da semana, participaron das diferentes celebración e eucaristías acompañados dos seus mestres e titores. Nelas pedímoslle perdón polos erros que facemos a cotío e démoslle as gracias por todo canto nos rodea e por levar a cabo a misión de entregarnos a Medalla. Estamos seguros que a mensaxe da Medalla seguirá sendo transmitida de xeración en xeración.
O día 1  de decembro púxose o punto e final as celebracións da Milagrosa cunha xornada festiva onde os inchables e xogos foron os protagonistas desta xornada, pequenos e non tan pequenos  pasaron un momento cheo de risas e diversión.
Queremos dalas gracias a todo o alumnado polo seu bo comportamento e as  súas mostras de respecto nos diferentes actos conmemorativos da Medalla Milagrosa.

domingo, 3 de diciembre de 2023

O GRAN REGALO DO AMOR: O PERDÓN


Prepararnos nos tempos litúrxicos fortes de Advento e Pascua invítanos sempre a celebrar o gran regalo do Amor: o Perdón. Moitas veces axúdanos a reconciliar tensións que existen entre nós producidas polos roces da convivencia cotiá. Todos nós temos tanta necesidade do perdón como do pan diario. E temos unha gracia, que Deus dánolo sempre gratuitamente. Perdoar é un signo cheo de amor. Non podemos estar en paz cos demais se non comezamos por reconciliarnos con nós mesmos. Como cristiáns podemos facelo aceptando que Cristo nos perdoa primeiro. Perdoar non é tan doado  como parece: é tamén un compromiso e unha responsabilidade. Por iso a semana pasada visitounos o sacerdote Paúl Nacho, que nos axudou a través da lectura dos Talentos ( Lc19, 11-28 ) e da súa reflexión a ler o noso interior e a confrontalo con Xesús, para que cada un desenrole da mellor maneira os talentos que nos deron para poñelos ao servicio dos demáis.