miércoles, 25 de marzo de 2020

Encarnación do Señor


Cada 25 de marzo, as Fillas da Caridade renovan os seus votos. A súa entrega total a Deus e a súa vocación cara os máis necesitados, fainos telas de exemplo a todos os os educadores da Milagrosa. Grazas pola vosa entrega e servizo desinteresado cara os demais.

sábado, 14 de marzo de 2020

Entrada na Coresma


O pasado mércores 26 de Febreiro, os cristiáns comezamos o tempo de Coresma, coa imposición da Cinza comezando o camiño de preparación para a Pascua. No colexio tivemos tamén a imposición da Cinza nas diferentes etapas, como símbolo e inicio para renovarnos; para mellorar, para reflexionar. A Coresma é , en definitiva, un tempo de cambio.






viernes, 13 de marzo de 2020

Ningunha familia sen comida!

Cada mes, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, implícase nunha campaña diferente.
Nesta xornada, os nosos esforzos van destinados á Loita contra a Fame.
Comprometidos e concienciados coa causa, cada rapaz vai aportando o seu gran de area para colaborar con aquelas familias da contorna que precisan da nosa axuda.
Día a día, vemos como se senten implicados e se preocupan máis por aqueles que non gozan das mesmas oportunidades.


GRAZAS POLA COLABORACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS!

Xaneiro solidario

As pombas e os corazóns estiveron ao longo deste mes engalanando o noso centro e acompañando as diferentes actividades realizadas por mestres e alumnos.



Concurso de postais do Nadal

Deste fermoso xeito, recopilando as preciosas postais gañadoras nos diferentes ciclos educativos, felicitamos o Nadal a todas as familias do centro. Boas Festas e que o Neno Xesús, esté presente nos vosos fogares!!



O Nadal en familia

Como vén sendo habitual  ao rematar o trimestre a Comunidade Educatica celebra o Nadal en familia.

Durante dous días os alumnos amosan as súas creacións artísticas  para deleite de pais, avós e mestres.


O broche final foi a Eucaristía da Familia na que  se contou cun gran número de asistentes , contando coa participación do alumnado de diferentes etapas.
Os alumnos de E.I.  iluminaron o altar ao inicio da celebración co anuncio da Estrela de Belén e as nais ofreceron a inocencia dos máis pequenos como símbolo do neno que nace en Belén .


Para rematar os alumnos da ESO  presentáronos o Nadal como acollida e agradecemento ás familias pola súa colaboración na Campaña de recollida de alimentos.





jueves, 12 de marzo de 2020

TRIDUO FESTIVO NA CAPELA

O día 27 de novembro, o noso centro iniciou un triduo festivo na capela. Alí os máis pquenos celebraron a Virxe Milagrosa con oracións e un teatro sobre o significado da Medalla demostrando a nosa devoción cara a Virxe Milagrosa.



Foi unha celebración alegre, sinxela e participativa, na que o alumnado de 5º e 6º de infantil e 1º ciclo de primaria, foron explicando ós máis pequenos a historia da Medalla Milagrosa. 


                                                                         
Para os máis pequenos, 3 anos, foi toda unha novidade, posto que era a primeira vez que se acercaban á capela.
O alumnado de infantil levou á celebración unha medalla da virxe Milagrosa, realizada por eles mesmos, coa axuda das súas titoras. 


Despois da imposición da Medalla ó alumnado de nova incorporación de todo o colexio, cantamos unha canción á Virxe: "María mírame", na que lle pedimos que nos mire, nos coide, como coidou a Xesús, o seu Fillo. María é tamén nosa nai e así o sentimos.




 






Con motivo das festividades de Catalina Labouré e a Funcación das Fillas da Caridade, reunímonos na capela do colexio celebrando as Eucaristías co alumnado da ESO e o 2º e 3º ciclo de primaria.

















Nas distintas Eucaristías que celebramos, o alumnado pedíu a María que nos anime a vivir sempre unidos a Cristo, facendo o que El nos di e experimentando o seu amor que nos fai libres.
Queremos dar as gracias a todo o alumnado polo seu bo comportamento e as súas mostras de respeto nos actos conmemorativos da Medalla Milagrosa.



miércoles, 11 de marzo de 2020

Proxecto Solidario

 Dende o pasado luns 4 de novembro, os alumnos de Educación Infantil colaboran no proxecto solidario: Ningunha familia sen comida, no cal se recollen alimentos non perecedeiros (bricks de leite, aceite, alimentos infantís, paquetes de pasta, arroz ou legumes, botes de conservas vexetais…) Esta iniciativa, que comezou neste mes de novembro, estenderáse ata o mes de maio coa participación de todas as etapas do centro.
Esta participación solidaria  pon de manifiesto o noso  compromiso coa  xenerosidade e o   encontro cos demais. Todos os alimentos recadados serán levados ao Banco de Alimentos de Cáritas en Ribeira,  que reparte os alimentos entre as personas máis desfavorecidas do concello e a súa zona de influencia.


¡Celebración de San Vicente!


Como cada 27 de setembro os alumnos de 4º, 5ºe 6º dámonos cita na capela do colexio para conmemorar a figura de San Vicente de Paúl. Tomamos a súa figura como referencia á hora de levar unha vida de liberdade e servizo seguindo as súas pegadas.

Despois dunhas xornadas onde traballamos o carisma e froito do seu servizo nas aulas, puxémolo en común nun momento de convivencia e oración.






Que mellor maneira de comezar o curso con ledicia, que facelo celebrando o carisma e legado de San Vicente de Paúl! Por iso, o alumnado de 1º e 2º da ESO participaron na celebración que se levou a cabo o 27 de  setembro na súa honra.


Son moitas as cualidades humanas e as virtudes cristiás deste santo; entre elas, o seu gran corazón e caridade cara os máis necesitados. A súa acción é un exemplo a seguir e, ao igual que el, durante a celebración preguntáronse: Que podemos facer por eles? Como debe ser o amor para poder ser libres?.



Estamos felices nos primeiros días de curso!



Traballando o lema da LIBERDADE, que nos acompañará ao longo deste curso, o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria acompañados dos nosos mestres, rematamos hoxe as xornadas de sensibilización .