domingo, 25 de febrero de 2024

CORESMA

 Como cada ano este tempo litúrxico, volve a re-encontrarnos con nós mesmos. Porque hai interrogantes que non contestamos polas presas e as rutinas e estes precisan respostas. As semanas que temos por diante podemos vivilas de xeito superficial ou poden ser un tempo de parar, profundizar, reflexionar e “modifícalo” rumbo da  nosa propia existencia.

Non é momento de grandes innovacións. Chéganos con volver ao esencial, o máis auténtico que hai no corazón do ser humano, os grandes desexos e soños que seguen a brillar no horizonte.

 A Coresma é, por tanto, o  momento axeitado  de romper as propias cadeas (máis ou menos pesadas) e apostar pola ilusión e a alegría. É tempo de interioridade, creatividade, crecemento e conversión. Unha ocasión propicia para reavivar o máis auténtico que nos habita e regresar aos compromisos do bautismo, ese tesouro que aínda temos por descubrir.






martes, 20 de febrero de 2024

CELEBRACIÓN DA CINZA

A Imposición da Cinza  marca o inicio da Coresma. É un símbolo de querer cambiar. Temos corenta días para deixarnos ensinar por Xesús o Mestre bo, fillo do carpinteiro que me vai ensinar a VIVIR. Nesta Coresma escoitando as súas PALABRAS, serei o seu mellor aprendiz de…



lunes, 5 de febrero de 2024

30 DE XANEIRO, DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Cada ano, o 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz. Este ano os alumn@ quixeron manifestar a súa preocupación polos conflitos existentes no mundo, pero tamén polos que están ao seu redor e coa natureza que os rodea. Por iso quixeron ser os embaixadores de Paz e cada un portou unha bandeira pola cal se comprometían a respectar aos demáis para poder vivir en paz e libres de agresión físicas ou verbais.

Oxalá acabar coa violencia e as agresións  fose tan doado como  suxeitar unha bandeira e facela ondear, pero hoxe  demos os primeiros pasos para selos defensores da Paz e o entendemento entre as persoas que teñen diferentes modos de pensar, expresarse, sentir...