martes, 1 de junio de 2021

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS!!

 A pandemia do Covid 19 provocou unha crisis social e económica, polo que moitas persoas quedaron sen traballo e coa incertidume de se volverán a traballar. Neste tempo Cáritas Parroquial de Ribeira veu incrementada a súa demanda pola chegada de novas familias que precisaban axuda social. Dende o colexio quixemos aportar o noso gran de area e iniciamos no mes de outubro a campaña: ¡Ningunha familia sen comida! coa cal intentamos axudar a Cáritas para paliar este incremento de necesidades básicas das familias. Nunca imaxinamos que as familias da nosa Comunidade Educativa tivesen unha resposta tan solidaria e participativa. Este xesto de caridade axudará a aliviar a situación na que se atopan as familias necesitadas da nosa contorna.