domingo, 14 de junio de 2020

Solemnidade do Santísimo Corpo e Sangre de Cristo



Corpus Christi é a festividade que nos invita a acoller a Xesús na nosa vida para experimentalo en nós, Identificarnos con El e deixarnos traballar, consolar e fortalecer polo seu Espíritu. Todo isto non o vivimos encerrados no noso pequeno mundo. Necesitamos compartilo e vivilo en comuninade, na nosa Comunidade.

lunes, 8 de junio de 2020

A Trinidade!!



Celebremos, amigos, a Festa da Trinidade, coa ledicia dos que se saben amados e non se cansan de amar, como os agradecidos que contemplan o colorido de Deus Comunidade que non nos abandoa e fainos entrar no seu “spinner” de Amor.

lunes, 1 de junio de 2020

GRACIAS FAMILIAS!!

   
 Dende o Equipo de Pastoral e en nome de todo o claustro de profesores, queremos expresar o noso agradecemento ao alumnado e ás súas familias polas aportacións na proposta feita dende o Equipo de Pastoral da Provincia: "Xuntos con María".
    Para nós é un pracer contar coa vosa presenza para colaborar na tarefa educativa que nos compete en conxunto, fortalecendo e aumentando a confianza mutua que é indispensable na acción formativa.
    Desexamos expresarvos a nosa gratitude pola colaboración e cooperación que tiveches nesta actividade e en tantas das actividades que se propoñen dende o colexio. Gracias por crear proxectos orixinais e dar sempre unha resposta positiva. Todo isto fai que o noso alumnado se enriqueza desa participación xenerosa, altruísta e fenomenal das familias.