jueves, 2 de mayo de 2024

MES DE MAIO

O mes de maio é o mes que a igrexa lle adica á Virxe María para coñecela e querela máis. Por iso durante este mes celébranse  moitas romarías, lévanselle flores á Virxe e cantámoslle cantigas.

Os cristiáns tratamos a María con especial cariño porque é a nosa nai, a nai de todo o

mundo! E preocúpase por nós, axudándonos ata nos asuntos máis pequenos. Gracias María

por estar sempre con nós!




martes, 23 de abril de 2024

VISITA DO ARCEBISPO FRANCISCO JOSÉ PRIETO

 O pasado xoves, 18 de abril, o noso colexio tivo o honor de recibir unha visita moi especial. O señor Arcebispo, don Francisco José Prieto, chegou ao colexio onde foi recibido polo Equipo Directivo. Tivo unha mañá cunha axenda moi apretada, pero na que tivo tempo para estar cos alumnos das diferentes etapas educativas e coa Comunidade Educativa que conforma o noso centro.

Os primeiros en desfrutar da súa presencia foron os máis pequenos, onde participaron dunha sinxela  celebración na cal lles dixo que somos unha gran familia, que nos temos que coidar uns dos outros e que quen máis amor nos ten é Xesús.

Ao longo  da mañá tivo dúas celebración máis cos alumnos da Primaria e de Secundaria. Na celebración cos alumnos da ESO tivo tempo de responder as preguntas que lle foron xurdindo, preparadas previamente. Para rematar a mañá tivo un encontro distendido co claustro de profesores para intercambiar e comentar os desafíos que temos na actualidade, que nos afectan como docentes, en canto a fe e os valores cristiáns. Sabemos que non é tarefa doada, pero alentounos a continuar na nosa labor de “pastores” e misioneiros dende a ensinanza.

Pola tarde visitou a horta onde os alumnos dos diferentes cursos lle amosaron o seu cariño e espontaneidade propia dos máis pequenos. Alí plantou unha oliveira que nos lembrará o seu paso polo colexio e que simboliza a esperanza e sabedoría que se transmite ao alumnado que está no colexio.

O Arcebispo rematou a súa visita cunha Eucaristía na capela do colexio onde os sacerdotes da UPA de Ribeira e a Comunidade Educativa participamos de xeito activo.

Esta visita quedará gravada na nosa memoria pola sinxeleza e cariño amosados polo noso Arcebispo. Dámoslle as gracias pola súa dispoñibilidade e entrega, por facer posible este encontro con toda a Comunidade Educativa que conforma a Milagrosa.



lunes, 8 de abril de 2024

A ENCARNACIÓN

Hoxe, 8 de abril, as Fillas da Caridade renovan os seus votos e dan gracias a Deus, pola súa entrega, amor e dedicación para unha vida plena e chea de FE.

Elas, ao igual que María, tamén dixeron SI a Deus, con humildade e sinxeleza.

Parabéns a tódalas Fillas da Caridade!!




domingo, 31 de marzo de 2024

DOMINGO DE RESURRECCIÓN

Hoxe é un día grande! O domingo máis importante do ano para nós os cristiáns. Este domingo da sentido a todos os demais domingos do ano. É o terceiro día do Triduo Pascual e o primeiro da cincuentena. Hoxe, só cabe unha exclamación que se debe oír en toda a creación: ¡Aleluia, Xesucristo RESUCITOU!





domingo, 24 de marzo de 2024

DOMINGO DE RAMOS

 Hoxe, domingo de Ramos a Igrexa preséntanos a oportunidade de aclamar a Xesús nos nosos corazóns como rei e centro das nosas vidas. Ao igual que as xentes que gritaban ¡Hosanna ao Fillo de David, Bendito o que ven en nome do Señor!, nós queremos seguir a Cristo, aínda que sexa difícil o camiño de seguimento, sabendo que detrás dos obstáculos da vida atoparemos a Luz, Luz de vida na Pascua Eterna.