miércoles, 26 de octubre de 2022

EXPERIENCIA MISIONEIRA

 

Outubro  é o mes Misioneiro que o Papa Francisco propón para concienciar a tódolos cristiáns de  que , polo feito de estar bautizados, somos tamén misioneiros. Este ano no noso colexio tivemos unha visita especial, xa que se atopa con nós Sor Loli. Quen mellor que ela para ser testemuña da misión que Xesús lle encomendou aos apóstolos: “ Ide, pois, e facede discípulos meus a todos os pobos… (Mt 28, 19-20). 

 Ela formou, ata fai pouco, parte dunha comunidade de Fillas da Caridade en Micomeseng (Guinea Ecuatorial), aínda que na actualidade está en España por motivos familiares. Dende a súa sinxeleza e cercanía animounos a Soñar con outro mundo posible onde a inxustiza, a desigualdade deixen de ser a realidade de cada día. 

Ao longo da semana puido compartir cos alumnos da primaria e da secundaria as súas experiencias vividas durante os anos que estivo alí. Os rapaces puideron comprobar como viven os nenos da súa idade, os maiores e a falta de recursos máis básicos para a vida humana: auga, luz, alimentos… e a sorte que temos as persoas que vivimos en España e o pouco que a apreciamos. 

A labor que Sor Loli e a súa comunidade  realizan en Micomeseng é  moi importante , non só relixiosa, tamén social e humana, moitas veces case sen recursos humanos e materiais pero sempre coa xenerosidade e dispoñibilidade do evanxeo. 

Grazas por lembrarnos que  ser misioneiro sae do corazón, de  ter  un corazón sensible ante a dor do mundo,  porque “todos somos unha misión” e todos debemos descubrila. 

 




 

domingo, 23 de octubre de 2022

DOMUND 2022

Este domingo 23 de outubro celebramos o DOMUND, co  lema “Seredes as miñas testemuñas”, a xornada quere compartilas testemuñas dos misioneiros, “o rostro más bonito da Igrexa”, 

Nesta xornada, dun xeito especial, a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora coas misións. Este ano, esta data é máis especial, xa que o DOMUND cumpre 200 anos ao servicio da misión. 






martes, 11 de octubre de 2022

FORMACIÓN VICENCIANA

Os profesores tamén necesitamos formarnos, e a iso adicámonos un pequeno grupo o pasado fin de semana en León na Casa Provincial das Fillas da Caridade. Nesta formación centrámonos na importancia do ser, saber e saber facer, como persoas crentes no Deus de Xesús de Nazaret... ao estilo de San Vicente e Santa Luisa. 

Estes cursos fannos avanzar xuntos e mellorar, persoal e profesionalmente, como educadores vicencianos.