miércoles, 26 de octubre de 2022

EXPERIENCIA MISIONEIRA

 

Outubro  é o mes Misioneiro que o Papa Francisco propón para concienciar a tódolos cristiáns de  que , polo feito de estar bautizados, somos tamén misioneiros. Este ano no noso colexio tivemos unha visita especial, xa que se atopa con nós Sor Loli. Quen mellor que ela para ser testemuña da misión que Xesús lle encomendou aos apóstolos: “ Ide, pois, e facede discípulos meus a todos os pobos… (Mt 28, 19-20). 

 Ela formou, ata fai pouco, parte dunha comunidade de Fillas da Caridade en Micomeseng (Guinea Ecuatorial), aínda que na actualidade está en España por motivos familiares. Dende a súa sinxeleza e cercanía animounos a Soñar con outro mundo posible onde a inxustiza, a desigualdade deixen de ser a realidade de cada día. 

Ao longo da semana puido compartir cos alumnos da primaria e da secundaria as súas experiencias vividas durante os anos que estivo alí. Os rapaces puideron comprobar como viven os nenos da súa idade, os maiores e a falta de recursos máis básicos para a vida humana: auga, luz, alimentos… e a sorte que temos as persoas que vivimos en España e o pouco que a apreciamos. 

A labor que Sor Loli e a súa comunidade  realizan en Micomeseng é  moi importante , non só relixiosa, tamén social e humana, moitas veces case sen recursos humanos e materiais pero sempre coa xenerosidade e dispoñibilidade do evanxeo. 

Grazas por lembrarnos que  ser misioneiro sae do corazón, de  ter  un corazón sensible ante a dor do mundo,  porque “todos somos unha misión” e todos debemos descubrila. 

 




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario