sábado, 25 de diciembre de 2021

NADAL 2021

 Volve a ser un Nadal, no que debemos ter moita precaución para protexernos e protexer aos nosos. 

Tampouco  lle foi doado a María e Xosé que, despois dunha longa viaxe, tiveron que  refuxiarse nunha pequena corte para dar a luz ao seu fillo. Xesús ven a estar connosco, este é o verdadeiro sentido do Nadal, debemos acollelo para sentir a verdadeira ledicia que non consiste no material: senón que é compartir e axudar. Oxalá que nós, que temos moito, saibamos crear eses ambientes seguros para vivir en familia o Nadal. 

Que a Sagrada Familia, símbolo de unidade e protección, nos acompañe neste Nadal. 



viernes, 24 de diciembre de 2021

OPERACIÓN KILO

A Comunidade Educativa quérevos agradecer a vosa xenerosidade, a vosa solidariedade e o voso compromiso, a pesares das circunstancias aínda adversas que estamos a padecer. Queremos dárvolas gracias por compartir cos máis necesitados, e cos que, nestos momentos, a Covid 19 deixounos en desamparo. 

Gracias por axudarnos a axudar, con pequenos xestos pero efectivos, construímos un mundo máis humano e solidario que é o auténtico sentido do Nadal. 






domingo, 19 de diciembre de 2021

IV DOMINGO DE ADVENTO

Chegamos con gozo  ao cuarto domingo de Advento, preto ao Nadal. Na liturxia deste domingo invítanos a poñernos en camiño e a proclamar a Boa Nova con xestos concretos, como fixo María que cando tivo coñecemento do embarazo de Isabel púxose en camiño. Móvea o amor, o desexo de servir, e tamén o desexo de compartir a súa desbordante ledicia. O apuro de María está cheo do Señor e ten presente o esencial. 

Nós temos que mirar ao noso redor, xa que vivimos nun mundo “estresado”, vivimos apurados, con miles de cousas que facer, pero a diferenza de María, estas distánciannos do esencial e lévannos a unha vida superficial. Toda esa présa pode quitarnos o tempo preciso para reflexionar, meditar ou rezar, para perder de vista o esencial. Non debemos esquecer que o NADAL É XESÚS, non os agasallos, nin as ceas, nin as luces... O Nadal é acoller con tenrura ao Señor que nace, e levalo dentro dos nosos corazóns. 

domingo, 12 de diciembre de 2021

III DOMINGO DE ADVENTO

 Ímonos achegando á recta final do camiño de Advento. Esta é unha semana de ledicia contida un xa pero aínda non, a chamada semana de <GAUDETE>;xa  que o que está por vir chama as nosas vidas por medio da voz dos profetas. Os cales nos chaman a vendar os corazóns que sofren, a poñer un pouco de misericordia, a compartir e estar á beira dos que o pasan mal, como Xesús. Esta é a semana de CONECTAR o noso interior co exterior para dar un SÍ de fe e de entrega ante a nova chegada. 



domingo, 5 de diciembre de 2021

II DOMINGO DE ADVENTO

 



Algunhas veces temos os oídos cheos de ruídos que nos impiden  escoitar con claridade a mensaxe de Xesús e facela nosa. Xoán o Bautista invítanos a  afinalo noso oído para escoitar atentamente a súa Palabra de Xesús, que é AMOR en estado puro. Por iso ao longo desta segunda semana imos abrilos nosos  oídos e o noso corazón para escoitar a Palabra de Deus que nos fala de tenrura, de apertura, de sinceridade e verdade, de reconciliación, de misericordia, de compaixón... Non che parece que son motivos abondo para removela conciencia durmida desta sociedade? 

FESTIVIDADE VIRXE MILAGROSA

Como cada ano, ao chegar estas datas(27-29 de novembro) celebramos con devoción a festividade da Virxe Milagrosa. Nestes tempos de incerteza que estamos a vivir, a nosa fe aléntanos a seguir adiante e a crer que todo é posible.  

Os noso alumnos celebraron ao longo desta semana, coas medidas Covid pertinentes, as distintas celebracións e eucaristías acompañados dos seus titores. Todas as celebracións foron  sinxelas, participativas e emotivas. En todas se fixo fincapé en que a Virxe sempre nos acompaña e dende a súa capela cóidanos e protéxenos. Ao final das mesmas os alumnos saíron tendo moi presentes as verbas da Virxe a Catarina Labouré: “As gracias serán máis abundantes para quen a leve con confianza!, xa que todos ao final de cada celebración levaron a súa pulseira coa Medalla Milagrosa.