Como cada ano, ao chegar estas
datas(27-29 de novembro) celebramos con devoción a festividade da Virxe
Milagrosa. Nestes tempos de incerteza que estamos a vivir, a nosa fe aléntanos
a seguir adiante e a crer que todo é posible.
Os noso alumnos celebraron ao longo
desta semana, coas medidas Covid pertinentes, as distintas celebracións e
eucaristías acompañados dos seus titores. Todas as celebracións foron sinxelas, participativas e emotivas. En todas
se fixo fincapé en que a Virxe sempre nos acompaña e dende a súa capela cóidanos
e protéxenos. Ao final das mesmas os alumnos saíron tendo moi presentes as
verbas da Virxe a Catarina Labouré: “As gracias serán máis abundantes para quen
a leve con confianza!, xa que todos ao final de cada celebración levaron a súa
pulseira coa Medalla Milagrosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario