lunes, 27 de marzo de 2023

NA SOLIDARIEDADE, TI ERES UNHA PEZA CLAVE!

 


Queremos darvos as gracias polo voso compromiso, solidariedade, tempo e dedicación a tódalas persoas que fixeron posible que o pasado 16 de marzo puidésemos desfrutar do Bocadillo Solidario a favor de Mans Unidas. Porque a suma de pequenos xestos, esforzos e intencións poden converterse nunha forza imparable.

domingo, 26 de marzo de 2023

QUINTO DOMINGO DE CORESMA



Neste último domingo de Coresma preparámonos para celebrala morte de Xesús e a súa resurrección. Neste domingo a Palabra de Deus destaca a fe como confianza. 
Nas situacións de inquedanzas e dúbidas da nosa existencia non estamos solos. Hai unha Presencia de amor na que existimos, nos movemos e actuamos. Nela buscamos luz e forza para loitar pola vida e para enfrontarnos á morte. Solo nela atopamos unha esperanza de vida máis alá da vida. Cando nos abrimos a esa Presencia e nos deixamos seducir por ela  -iso é o  que significa a fe-  somos capaces de vencela morte. O Espírito suscita en nós esa fe ou confianza na que, pase o que pase,  o noso destino é a VIDA.

domingo, 19 de marzo de 2023

CUARTO DOMINGO DE CORESMA

 


Neste domingo, cuarto de Coresma, a luz é o símbolo que nos invita a conversión para vivila Pascua con Cristo; este tempo bríndanos a oportunidade para quitarnos esa “cegueira” que produce en nós a  prepotencia e o orgullo. Por iso queremos coma o cego que cure as nosas “cegueiras” e  nos axude a descubrilo vivindo o cotiá, a non competir, nin buscar xustificacións para condenar e tela razón. Que a súa LUZ nos ilumine a todos e nos axude a saír das nosas “cegueiras”. 

BOCADILLO SOLIDARIO


O pasado xoves, coma todos los anos e coincidindo co tempo de Coresma, celebramos no colexio o día do "Bocadillo Solidario". Unha actividade que ten coma obxectivo colaborar coa campaña de Mans Unidas. Ao longo da semana traballamos sobre a importancia da nosa colaboración e axuda cos que  menos teñen. 

Foi unha xornada de convivencia na que alumnos e profesores fixemos un "picnic" nun entorno incomparable, o Dolmen de Axeitos.

Gracias a todos pola vosa colaboración!!

TERCEIRO DOMINGO DE CORESMA



Neste terceiro domingo de Coresma Xesús invítanos a atoparnos con Deus, pero dinos que Deus está en diferentes lugares, non só nas igrexas ou lugares santos; senón que desde calquera lugar as persoas podemos elevar o noso corazón a Deus. Xa que el non é indiferente aos nosos sufrimentos e problemas. Temos que saber e ter presente que Deus nos acompaña ao longo das nosas vidas, que sempre esta aberto e disposto a escoitarnos e a acollernos, por moi errantes que andemos ou vivamos. Que o encontro con el sexa “auga viva” que calma a nosa sede de paz, de esperanza e de amor e nos faga vivir con amor, perdón e tenrura. 

PRIMEIRO E SEGUNDO DOMINGO DE CORESMA



Nos dous primeiros domingos de Coresma, invitóusenos a escoitar o grito de alerta ante os graves erros nos que podemos caer ao longo da nosa vida. Os erros que cometemos  buscando o refuxio cómodo que nos permita vivir sen sobresaltos nin preocupacións excesivas, renunciando a calquera outra aspiración, deixándonos vacíos e insatisfeitos. 

Xesús ofrécenos a posibilidade de ser cada día más humanos. Invítanos a saír do noso conformismo, a romper cun estilo de vida egoísta no que estamos, tal vez confortablemente instalados, e a empezar a vivir máis atentos a  interpelación que nos chega dende os máis desvalidos de nosa sociedade. 

miércoles, 1 de marzo de 2023

MÉRCORES DE CINZA

O Mércores de Cinza marca o inicio dun novo tempo litúrxico, a Coresma, que son os 40 días antes do Domingo de Ramos, día do comezo da Semana Santa. A comunidade cristiá está chamada a pararse, a poñer atención ao seu redor e buscar e darlle importancia ao SER e non ao TER, ao AMAR e non ao POSUIR.  

No colexio celebrámolo cunha sinxela celebración cargada de simbolismo, onde lle pedimos a Xesús que sexamos sensibles ante as dificultades dos demais e que nos axude a buscar sempre a luz e a ser luz para quen nos rodea. 

O Mércores de Cinza caracterízase ademais polo rito da imposición da cinza na fronte, facendo a sinal da cruz, mentres se di a seguinte frase extraída da Biblia: «Convértete e cre no Evanxeo». A imposición da cinza é símbolo –sobre todo- de abrirse a misericordia e o perdón de Deus, porque seguindo o camiño que Xesús nos propón, seremos máis felices e poderemos facer máis felices aos demais.