miércoles, 30 de noviembre de 2022

OPERACIÓN KILO

Dende o colexio unímonos a Cáritas, que nos solicita novamente, a nosa colaboración para axudar na súa labor social ás familias con dificultades do concello de Ribeira. Sensibilizados coa complicada situación que moitas familias continúan atravesando, organizamos esta campaña solidaria de recollida de alimentos non perecediros (aceite, legumes, latas de conserva, alimentos infantís, arroz, cacao, azucre, galletas, pasta, fariña...) para que poidan desfrutar do tempo do Nadal cunha comida digna en compañía dos seres máis queridos. Por iso, dende o 1 de decembro ata o día 22 do mesmo mes, pedímosvos a vosa colaboracións. 

Grazas de antemán.

domingo, 27 de noviembre de 2022

FESTIVIDAD VIRGEN MILAGROSA

 


Hoxe, 27 de Novembro celebramos a nosa festa da Familia: a Virxe Milagrosa. María faise presente no noso día e lembrámola, por medio de Santa Catarina Labouré, con esta mensaxe que quixo deixarnos: “Vinde ao pé deste altar…. Os raios son as grazas que derramo a quen as pide…”. 

Tamén lembraremos aquel 29 de novembro de 1633, día no que Santa Luisa de Marillac reuníu por primeira vez a un grupo de xóvenes que querían consagrarse a Deus no servizo aos máis pobres, vivindo en comunidade. Baixo a súa guía e a de San Vicente de Paúl comezou a Compañía das Fillas da Caridade, nome que o pobo lles deu, “ao ver o que facían”. 

martes, 1 de noviembre de 2022

FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS

 


Hoxe celebrámolo Día de TODOS OS SANTOS e mañá o de DEFUNTOS.  Nesta festa lembramos a todos os Santos, que están no Ceo porque as súas vidas foron testemuña de Xesús e así o recoñece a Igrexa. Pero no só aos canonizados, senón tamén aos santos anónimos: familiares, amigos…, “os santos da porta do lado” que di o Papa Francisco. A eles, a quen rezamos hoxe especialmente é a quen non esquecemos nunca. 

Que estes días sexan momentos de reflexión, lembranza e oración.