domingo, 18 de octubre de 2020

Aquí estou, ¡envíame!

 “Aquí estou ¡envíame! É o lema do DOMUND deste ano… ¿Podemos contar con vos? ¿Poden os misioneiros e misioneiras contar con nós?  
Como eles e elas, nós formamos parte da Misión da Igrexa e non hai mellor momento para darnos conta de que todo xesto, toda axuda e toda oración, por pequena que poida parecer, ten unha grandísima repercusión na tarefa misioneira da Igrexa. Por iso, neste DOMUND contamos con vós: coa vosa oración, coa vosa solidariedade.  





viernes, 16 de octubre de 2020

FESTIVIDADE SAN VICENTE DE PAÚL


Este ano, máis ca nunca, resaltamos a figura de San Vicente como home adiantado ao seu tempo por amosar, ao longo da súa vida, a responsabilidade como valor social.  

El ensinounos, co seu exemplo, a importancia de seguir as regras para poder favorecer, tanto aos máis necesitados como ao próximo. 

Deste xeito, seguindo os seus pasos, o 27 de setembro, o alumnado de infantil e primaria festexárono engalanando os corredores e aulas simbolicamente con pegadas trala celebración.Namentres  o alumnado da ESO o homenaxearon, por clases. Os alumnos do primeiro ciclo fixéronno plasmando nun mural a súa escada de valores. Eso si, todos os actos foron levados a cabo seguindo o protocolo de seguridade; porque se gardas as regras, elas te gardarán a ti.