domingo, 25 de diciembre de 2022

NATIVIDADE DO SEÑOR


A Natividade, eso é o que hoxe celebramos. Que fai máis de 2000 anos naceu Xesús e con el nacía todo de novo. Celebramos que Deus fíxose home e esperanza dos homes. Non só
nacía un Deus feito home, senón que, nese momento, nacía a esperanza duna nova humanidade. 

Falar de esperanza nos tempos que corren é complicado e tamén difícil de entender para os que nestes momentos sofren as consecuencias da guerra. Para  miles de persoas que viven na rúa ou para os que a crise económica deixounos sen traballo. Para todos eles é complicado, celebrala esperanza. 

Este año, a todos, tócanos ser como Xoán e dar testemuña desa luz que, dende unha pequena corte de Belén, xunto a uns pais que tamén estaban pasando por malos momentos, iluminou ao mundo enteiro. 

Temos que ser reflexo de Xesús. Temos que iluminar aos que, non só nestes días, senón durante todo o ano, foron perdendo as esperanzas e as ganas de celebrar. 


sábado, 24 de diciembre de 2022

Festividade do Nadal

O Nadal chegou ao colexio. Este ano volvemos a  celebrar un dos acontecementos máis destacados e importantes do curso escolar, que non é outro que o noso tradicional e emotivo Festival De Nadal. 

A emoción e a ledicia inundaron todos e cada un dos recunchos do noso colexio, cunhas familias completamente entregadas no salón de actos e uns alumnos e profesores moi concentrados, alegres, contendo os nervios dende as bambolinas e desexando transmitir a emoción tralos días de intensos ensaios. O  resultado final, simplemente, foi espectacular. 

Cada etapa celebrou a chegada do Nadal  con gran ledicia e tenrura  nos diferentes festivais  que tiveron lugar nos últimos días do trimestre. Os primeiros foron os nenos de Infantil e o 1º ciclo da Primaria que  fixeron desfrutar a todo o público asistente mergullándoos nun ambiente máxico e moi navideño. 

Ao día seguinte, o 2º e 3º ciclo da Primaria  puxeron en escena un festival de panxoliñas no que amosaron  o seu talento un ano máis, con grandes actuacións e  bailes, onde daban a benvida ao Nadal , e con el o remate do trimestre. 

Como o broche a estes días de celebración tivemos a Eucaristía de Nadal coas familias e a Comunidade Educativa onde se  nos invitou a abrilo noso corazón para que Cristo naza nel, e a que levemos ese amor que Cristo nos da a todos os que nos rodean; especialmente a aqueles que máis o  necesitan. 

Finalmente, Sor Agustina  enviounos un saúdo de Nadal a tódalas familias do colexio; para que todos sexamos testemuñas vivas de esperanza, a pesares das voltas que o mundo nos dá, pero  Deus non nos deixa abandonados. Que o tempo de vacacións sexa de familia e do coidado. 

¡¡BO NADAL, FAMILIAS, ALUMNOS E PROFESORES!! 

ç














viernes, 23 de diciembre de 2022

UN MILLÓN DE GRAZAS!!!

 

É unha enorme ledicia constatar que, na nosa comunidade educativa, o sentido da fraternidade solidaria e a caridade evanxélica fanse presentes unha e outra vez. 


En ocasións parece que as nosas posibilidades de axuda son escasas, pero entre todos, somos capaces de acercar, a quen o precisa, un sopro de dignidade, que é necesaria e imprescindible para cooperar na instauración do Reino de Deus na nosa terra. 


A
 vosa aportación é moi valiosa, con cada unha estamos un pouquiño máis preto de conseguir un futuro con persoas que teñan máis doado o acceso a unha vida digna. 


Gracias a vosa colaboración estamos máis preto.
 



 

domingo, 18 de diciembre de 2022

IV DOMINGO ADVENTO



Hoxe comezamos a cuarta semana de Advento, acendemos a vela branca. Estamos xa preto do Nadal. Esta última semana de Advento lévanos a acoller a Xesús, a facerlle un sitio entre nós, axiña nacerá. No evanxeo de hoxe, Xosé acepta a vontade de Deus de coidar a María e ao Neno. O exemplo de ámbolos dous motívanos a querer e coidar as persoas que nos rodean, así acolleremos a Xesús neste Nadal. Deus nace en nós, confiemos no seu amor.

lunes, 12 de diciembre de 2022

III DOMINGO DE ADVENTO: ALÉGRATE

 


Estamos no terceiro domingo de Advento, o domingo da ledicia e a conversión: “Alegrádevos porque o Señor está preto”, dinos o profeta. Esta semana acendemos a terceira candea (vermella), a candea da ledicia e a conversión.
 

Este domingo quere espertar en nós sentimentos de ledicia, esta ledicia permítenos saber que Cristo está preto, e libera aos pobres dos seus males.  Chamámolo “Gaudete”, porque nel todo nos invita a alegrarnos, pero tendo en conta, quen é a causa, especialmente para os máis pequenos, débiles e sinxelos. Pero coa Palabra que nos trae hoxe a súa presencia, ven tamén a inquietude de buscalo, esperalo, e facelo presente. Este é o noso  reto no Advento. 

jueves, 8 de diciembre de 2022

II DOMINGO DE ADVENTO


Neste segundo Domingo acendemos a segunda vela (verde) e fixámonos no Bautista, que encarnou o papel de crente, da persoa que acolle con confianza a Palabra. 

Neste  domingo, Xoán Bautista invítanos a facer do Advento  un  tempo de coidar a outros e de coidarse moito, de cambiar hábitos non axeitados, de descansar, rezar, servir e amar. Este é un tempo que nos invita a vivila virtude da Esperanza, por iso alimentemos a semente da ledicia e a esperanza que Deus puxo dentro de cada un de nós, para ser as súas Testemuñas. 

domingo, 4 de diciembre de 2022

INICIO ADVENTO

O pasado domingo 27 de novembro comezamos o novo ano litúrxico co inicio do Advento. Este tempo litúrxico, que rematará  o 24  decembro, é o anuncio da vinda do Salvador. O Advento renóvanos cada ano e nos tempos que vivimos, faise especialmente imprescindible porque é un momento de espera e esperanza, de reflexión e de conversión, de cambio de actitudes e de vida nova. Xa que moitas veces estamos tan enfrascados no día a día, con tampouco tempo para os demais e incluso para nós mesmos, que non temos o espacio preciso para a reflexión, a oración, a falar con Deus do que nos sucede ou desexamos.  E como a oración é inseparable das boas obras




: é tempo de cumprir as promesas. De actuar, porque a vinda do Señor está cerca. 

ACTOS EN HONOR Á VIRXE MILAGROSA

Esta semana como colofón a unha semana de actos en honor a Virxe Milagrosa os alumnos de tódalas etapas visitámola capela para levarlle as nosas grazas e pedir tamén polas persoas que non poden achegarse a ela. 

Iniciamos a semana cunha xornada de inchables onde desfrutaron dende os máis pequenos de infantil ata os non tan pequenos , alumnos da ESO. 

O broche final tivo lugar o xoves e o venres, onde cata etapa asistíu á capela acompañado dos  seus mestres. Reunímonos ante ela, a nosa Nai, para falarlle dende os nosos corazóns; agradecerlle por todos e todo canto nos rodea e pedirlle perdón polos nosos erros.  A  aparición da Virxe a santa Catarina no 1830 e a misión que lle encomendou. estivo presente en cada unha delas. Estamos seguros que a mensaxe da Medalla seguirá sendo transmitida de xeración en xeración. Sempre lembrando que se a María a queres ben non a adores no altar, imítaa! 




jueves, 1 de diciembre de 2022

RECADACIÓN DOMUND!!



Queremos agradecer as familias a súa xenerosidade e apoio. Anímanos e danos forzas para continuar comprometidos co noso carisma.