miércoles, 30 de marzo de 2022

3ª SEMANA DE CORESMA


 

Chegamos a terceira semana de camiño, seguimos camiñando cara a Pascua. Nel atopamos unha gran chaira, onde todo é monótono, e por momentos aburrido… ao lonxe podemos ver unhas árbores. Ao achegarnos a elas descubrimos que están secas e non teñen froitos. 

O evanxeo desta semana fálanos de conversión, de cambiar, de mellorar, pero, sobre todo, de confiar no cambio, de crer nos novos froitos. As persoas cambiamos, debido as experiencias ou porque precisamos facelo. Este tempo de Coresma é un tempo axeitado para dar novos froitos, mirar noutra dirección, máis aló, máis lonxe, máis profundo, para comprometerse un pouco máis, un pouco mellor... e ter ilusión para seguir crendo cando me quede sen apoios. 

domingo, 20 de marzo de 2022

2ª SEMANA DE CORESMA


Nesta segunda semana a nosa particular volta ciclista  levounos a un porto de montaña. Eso implica en deixar atrás, as zonas de seguridade e confort para poder subir esta etapa de montaña. Por iso, o ritmo ralentizouse a medida que subimos, notouse a falta de aire, a dificultade da etapa, o peso do que levamos e o cansancio.  Pero cando chegamos a cima, a paisaxe contémplase con outros ollos, con outra mirada..., uns ollos máis pretos a Deus. O bo desta subida é que nós non a fixemos sós, senón acompañados de Xesús; que é quen nos invitou a acompañalo. 


 

domingo, 13 de marzo de 2022

1ª SEMANA DE CORESMA


Tódalas rutas comezan co trazado nun mapa do percorrido a facer. Necesitamos, tamén unha roupa axeitada  que nos faga estar a gusto para levar ben o tempo do camiño e esta será a ORACIÓN á que acudiremos tódolos días. Nós, neste curso, comezamos a Coresma dende o noso Colexio e percorreremos os quilómetros ata chegar a Xerusalén. Lugar onde Xesús celebrou a Semana e a súa Resurrección. Nesta etapa, subimos o noso primeiro porto de montaña (a primeira semana de Coresma) nel atopámonos cos profundos medos de Xesús, os cales nos fan reflexionar, sobre os nosos medos e debilidades. Se logramos  transformalos, converterémolos nunha forza interna que nos fai seguir cara adiante… e así seguirémolo no camiño.

lunes, 7 de marzo de 2022

IMPOSICIÓN DA CINZA

Os alumnos dende 4º de Primaria ata a ESO celebramos, este xoves, a imposición da Cinza; como símbolo externo do inicio do tempo de Coresma. 

Así iniciamos un camiño de 40 días no que se nos invita a pararnos, pensar, recupéralo tempo perdido, facer limpeza de tantas boas intencións que só quedaron niso, en boas intencións. Para iso temos que coñecer como está o noso corazón, que precisa ou de que carece. 

 A CORESMA é un tempo magnífico para facer as cousas doutra maneira, porque temos unha segunda oportunidade para ser auténticos e dar o mellor de nós e poder así celebrar a PASCUA. 







miércoles, 2 de marzo de 2022

CORESMA, un tempo para deixar pegada.


 A pandemia obrigounos a facer xaxún dos Sacramentos, gracias a esa situación, démonos conta que podemos falar con Deus fóra das igrexas, aprendemos a vivir a oración e a Eucaristía no mundo; con esperanza e sufrimento.

Hoxe comezámola Coresma, un tempo no que os cristiáns centramos a nosa atención na  austeridade e a oración. Un itinerario que nos levará á Pascua do Señor. Queremos que este ano  este tempo “deixe pegada” en nós, nas persoas coas que convivimos e, por que non facer deste tempo especial un tempo que nos deixe marca?

Temos ante nos unha nova oportunidade para deixar atrás todo o que nos sobra, todo o que nos pesa, todo o que non nos convén, todo... o que fai  que non camiñemos. Para  poder centrarnos no esencial, valoralo persoal e os  xestos sinxelos  que constrúen fraternidade e comparten solidariedade.