sábado, 25 de diciembre de 2021

NADAL 2021

 Volve a ser un Nadal, no que debemos ter moita precaución para protexernos e protexer aos nosos. 

Tampouco  lle foi doado a María e Xosé que, despois dunha longa viaxe, tiveron que  refuxiarse nunha pequena corte para dar a luz ao seu fillo. Xesús ven a estar connosco, este é o verdadeiro sentido do Nadal, debemos acollelo para sentir a verdadeira ledicia que non consiste no material: senón que é compartir e axudar. Oxalá que nós, que temos moito, saibamos crear eses ambientes seguros para vivir en familia o Nadal. 

Que a Sagrada Familia, símbolo de unidade e protección, nos acompañe neste Nadal. 



viernes, 24 de diciembre de 2021

OPERACIÓN KILO

A Comunidade Educativa quérevos agradecer a vosa xenerosidade, a vosa solidariedade e o voso compromiso, a pesares das circunstancias aínda adversas que estamos a padecer. Queremos dárvolas gracias por compartir cos máis necesitados, e cos que, nestos momentos, a Covid 19 deixounos en desamparo. 

Gracias por axudarnos a axudar, con pequenos xestos pero efectivos, construímos un mundo máis humano e solidario que é o auténtico sentido do Nadal. 






domingo, 19 de diciembre de 2021

IV DOMINGO DE ADVENTO

Chegamos con gozo  ao cuarto domingo de Advento, preto ao Nadal. Na liturxia deste domingo invítanos a poñernos en camiño e a proclamar a Boa Nova con xestos concretos, como fixo María que cando tivo coñecemento do embarazo de Isabel púxose en camiño. Móvea o amor, o desexo de servir, e tamén o desexo de compartir a súa desbordante ledicia. O apuro de María está cheo do Señor e ten presente o esencial. 

Nós temos que mirar ao noso redor, xa que vivimos nun mundo “estresado”, vivimos apurados, con miles de cousas que facer, pero a diferenza de María, estas distánciannos do esencial e lévannos a unha vida superficial. Toda esa présa pode quitarnos o tempo preciso para reflexionar, meditar ou rezar, para perder de vista o esencial. Non debemos esquecer que o NADAL É XESÚS, non os agasallos, nin as ceas, nin as luces... O Nadal é acoller con tenrura ao Señor que nace, e levalo dentro dos nosos corazóns. 

domingo, 12 de diciembre de 2021

III DOMINGO DE ADVENTO

 Ímonos achegando á recta final do camiño de Advento. Esta é unha semana de ledicia contida un xa pero aínda non, a chamada semana de <GAUDETE>;xa  que o que está por vir chama as nosas vidas por medio da voz dos profetas. Os cales nos chaman a vendar os corazóns que sofren, a poñer un pouco de misericordia, a compartir e estar á beira dos que o pasan mal, como Xesús. Esta é a semana de CONECTAR o noso interior co exterior para dar un SÍ de fe e de entrega ante a nova chegada. 



domingo, 5 de diciembre de 2021

II DOMINGO DE ADVENTO

 



Algunhas veces temos os oídos cheos de ruídos que nos impiden  escoitar con claridade a mensaxe de Xesús e facela nosa. Xoán o Bautista invítanos a  afinalo noso oído para escoitar atentamente a súa Palabra de Xesús, que é AMOR en estado puro. Por iso ao longo desta segunda semana imos abrilos nosos  oídos e o noso corazón para escoitar a Palabra de Deus que nos fala de tenrura, de apertura, de sinceridade e verdade, de reconciliación, de misericordia, de compaixón... Non che parece que son motivos abondo para removela conciencia durmida desta sociedade? 

FESTIVIDADE VIRXE MILAGROSA

Como cada ano, ao chegar estas datas(27-29 de novembro) celebramos con devoción a festividade da Virxe Milagrosa. Nestes tempos de incerteza que estamos a vivir, a nosa fe aléntanos a seguir adiante e a crer que todo é posible.  

Os noso alumnos celebraron ao longo desta semana, coas medidas Covid pertinentes, as distintas celebracións e eucaristías acompañados dos seus titores. Todas as celebracións foron  sinxelas, participativas e emotivas. En todas se fixo fincapé en que a Virxe sempre nos acompaña e dende a súa capela cóidanos e protéxenos. Ao final das mesmas os alumnos saíron tendo moi presentes as verbas da Virxe a Catarina Labouré: “As gracias serán máis abundantes para quen a leve con confianza!, xa que todos ao final de cada celebración levaron a súa pulseira coa Medalla Milagrosa. 












domingo, 28 de noviembre de 2021

I DOMINGO DE ADVENTO

 A vida está chea de agasallos, que moitas veces pasan desapercibidos, porque quizáis non os apreciamos ou non caemos na conta de que existen. No noso corazón levamos agasallos que non compartimos cos demais. O Advento é un tempo propicio para descubrir que queremos  compartir e dar do que levamos dentro do noso corazón e así prepararnos para recibir o mellor regalo que é Xesús, que  se fai meniño, Deus faise pequeno, porque nos ama tal e como somos e nos invita a compartir todo o bo que hai no noso corazón, cos compañeiros, cos amigos, coa familia, cos máis pobres e necesitados.

                                        



lunes, 8 de noviembre de 2021

RECADACIÓN DOMUND!!


Queremos agradecer as familias a súa xenerosidade e apoio. Anímanos e danos forzas para continuar comprometidos co noso carisma.


lunes, 1 de noviembre de 2021

SOLEMNIDADE DE TODOS OS SANTOS

Nun día coma o de hoxe querémonos lembrar de todos aqueles Santos coñecidos e descoñecidos, os cales difundiron a mensaxe de Deus, incluso en ocasións poñendo en perigo a súa vida pola xustiza e a liberdade de forma anónima.



miércoles, 20 de octubre de 2021

DOMUND 2021

O penúltimo domingo de outubro, proclamado "Xornada Mundial das Misións" constitúe o punto culminante deste mes de outubro misioneiro. Durante todo este mes, e particularmente o domingo 24 proclamamos a importancia da misión para levar a bo porto a axuda e evanxelización dos pobos máis necesitados. Para impulsar esta labor, os misioneiros e misioneiras contan a todo o mundo o que ven e escoitan nos lugares onde axudan. 



jueves, 7 de octubre de 2021

CELEBRACIÓN SAN VICENTE DE PAÚL

 Os días 27 e 28 de setembro todo o colexio estivo de festa. Foron uns días moi especiais para nós, xa que celebrábamos o día de San Vicente de Paúl, fundador das Fillas da Caridade. Celebramos este día tan sinalado con diferentes actividades nas diferentes etapas. Todos  recordamos a San Vicente e pedímoslle  que nos axude a darnos aos demais, especialmente aos máis pobres, así poderemos ser máis felices, seguindo  o seu exemplo.

Os alumnos  de Infantil foron á capela cantado as cancións que preparamos nas aulas. Tódalas cancións  foron de agradecemento ao noso querido San Vicente, porque el foi un gran amigo dos nenos.

Este ano, como novidade,  estreamos o banco e o valado da amizade, para que ningún compañeiro se sinta só e poidamos compartir e agradecer todo o que temos.






martes, 1 de junio de 2021

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS!!

 A pandemia do Covid 19 provocou unha crisis social e económica, polo que moitas persoas quedaron sen traballo e coa incertidume de se volverán a traballar. Neste tempo Cáritas Parroquial de Ribeira veu incrementada a súa demanda pola chegada de novas familias que precisaban axuda social. Dende o colexio quixemos aportar o noso gran de area e iniciamos no mes de outubro a campaña: ¡Ningunha familia sen comida! coa cal intentamos axudar a Cáritas para paliar este incremento de necesidades básicas das familias. Nunca imaxinamos que as familias da nosa Comunidade Educativa tivesen unha resposta tan solidaria e participativa. Este xesto de caridade axudará a aliviar a situación na que se atopan as familias necesitadas da nosa contorna.

domingo, 9 de mayo de 2021

FELIZ DÍA DE SANTA LUISA DE MARILLAC!


Hoxé e un día especial para a Comunidade Vicenciana. Por iso non nos olvidamos da muller que con cariño, dedicación e servizo, ensinounos o camiño a seguir na atención aos pobres. Que ela nos guíe no servizo que realizamos. Feliz día de Santa Luisa de Marillac!

lunes, 3 de mayo de 2021

MAIO, MES DE MARÍA




O mes de maio sempre pon no centro da nosa Pastoral a figura de María. Ao longo do mes propoñénomos achegarnos a María como muller peregrina da fe, seguidora de Xesús e sobre todo compañeira do noso camiño. Que nunca esquecemos a presencia de María na nosa vida.

 




lunes, 5 de abril de 2021

CRISTO RESUCITOU, ESTÁ VIVO ENTRE NÓS!


Somos testemuñas da Resurrección, non podemos calalo. Xesús resucitou, acompañámolo durante a coresma, polo que sabemos que se cumpríu a promesa que nos fixo…este acontecemento énchenos de ledicia e facémosvos partícipes a todos/as.

viernes, 26 de marzo de 2021

XAXÚN VOLUNTARIO

Seguimos adaptando as nosas celebracións á nova realidade, polo que este ano cambiamos a tradicional camiñata ata o Dolmen polo desfrute da horta do colexio.

Un xesto tan sinxelo coma a operación bocata axúdanos a reflexionar neste camiño da Cuaresma no que nunca é tarde para… amar, rezar, aceptar, perdoar e confiar.

Para cerrar esta xornada de xaxún voluntario desfrutaremos dunha tarde de xogos tradicionais.


miércoles, 17 de febrero de 2021

CORESMA 2021!


 Hoxe mércores de Cinza, iniciamos o tempo de Coresma, tempo de arrenpentimento e conversión. Que a oración e a penitencia nos axuden a abrilo noso corazón para acollela vontade diviña.