domingo, 19 de diciembre de 2021

IV DOMINGO DE ADVENTO

Chegamos con gozo  ao cuarto domingo de Advento, preto ao Nadal. Na liturxia deste domingo invítanos a poñernos en camiño e a proclamar a Boa Nova con xestos concretos, como fixo María que cando tivo coñecemento do embarazo de Isabel púxose en camiño. Móvea o amor, o desexo de servir, e tamén o desexo de compartir a súa desbordante ledicia. O apuro de María está cheo do Señor e ten presente o esencial. 

Nós temos que mirar ao noso redor, xa que vivimos nun mundo “estresado”, vivimos apurados, con miles de cousas que facer, pero a diferenza de María, estas distánciannos do esencial e lévannos a unha vida superficial. Toda esa présa pode quitarnos o tempo preciso para reflexionar, meditar ou rezar, para perder de vista o esencial. Non debemos esquecer que o NADAL É XESÚS, non os agasallos, nin as ceas, nin as luces... O Nadal é acoller con tenrura ao Señor que nace, e levalo dentro dos nosos corazóns. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario