lunes, 2 de junio de 2025

OFRENDA FLORAL

Remata o mes de maio, mes da nosa nai a Virxe María e os nenos e nenas de Educación Infantil viviron un momento moi especial: a nosa tradicional ofrenda floral á Virxe na horta do colexio.

Coas súas pequenas mans e grandes corazóns, levaron flores con moita ilusión e agarimo, acompañadas de sinxelas cancións e oracións cheas de amor.
Un bonito xesto para achegarnos a nosa Nai do ceo e dicirlle, entre pétalos e sorrisos: querémosche moito!


No hay comentarios:

Publicar un comentario