domingo, 26 de junio de 2022

GRACIAS!

Chegamos ao final do curso e con el rematamos a campaña de recollida de alimentos para colaborar con Cáritas-Ribeira. Dende a Comunidade Educativa agradecémosvos a todos a vosa participación e solidariedade amosada. Animámosvos a seguir mantendo presente esta forma de ser, pensando sempre nos demais e colaborando cos menos favorecidos.



viernes, 3 de junio de 2022

MES DE MAIO, MES DE MARÍA



Acabámolo mes de maio, o mes da Virxe María.  María, a nai de Xesús, é  a muller do SÍ. Por iso en cada instante da nosa vida, Ela, como muller fiel, acompaña o noso  camiño, e a testemuña do noso día a día.  

A Vixe María non só foi a nai de Xesús, senón tamén a primeira discípula, aquela que aceptou e levou a cabo a misión que Deus lle encomendou. María distínguese polas múltiples calidades como a súa preocupación e coidado por todos; garda e medita as cousas no seu corazón; a súa alegría que transmite alí onde vai; a súa sinxeleza, a súa forza e fidelidade; a súa entrega, amor e servizo; a súa fe firme e a súa esperanza inquebrantable.

Por iso os cristiáns témoslle unha devoción especial, depositamos todo na súa presenza: a nosa vida, as nocas necesidades, as nosas pobrezas e tamén nela descansan todas as nosas esperanzas. 

Ao longo deste mes lembramos as súas ensinanzas, as súas advocacións, xa que María é para nós modelo de vida, de seguimento, de cercanía, de acompañamento, de compromiso... María é para todos os cristiáns compañeira de camiño e exemplo no seguimento de Xesús.