domingo, 31 de mayo de 2020

Pentecostés.



Pentecoste é unha das festas máis importantes para os cristiáns,
significa a chegada do Espíritu, o Espíritu de Deus. Xesús non deixa sós aos seus discípulos, vai seguir con eles doutra maneira, no seu espíritu.

sábado, 9 de mayo de 2020

Santa Luisa de Marillac



Sta Luisa de Marillac foi unha muller decidida e valente, intelixente e constante, viúva, nai e cofundadora xunto con San Vicente de Paúl das Fillas da Caridade. Foi unha superheroína na súa época. Destacou pola súa entrega incondicional cara os demais, cumprindo a misión que Deus lle encomendara. 
O alumnado de primaria realizou estas bonitas obras como homenaxe a Sta Luisa de Marillac. Bo traballo!!
https://drive.google.com/open?id=1I1ujYGN9D8iLu05-g9Y_GvhmyY9lmgek

domingo, 3 de mayo de 2020

viernes, 1 de mayo de 2020

Mes de María


Neste mes de maio "diferente", a Virxe María ocupa un lugar principal nos corazóns dos cristiáns. Ela é a nosa Nai e a Nai de Deus. Os cristiáns  queremos confiar en Deus, e máis nestes tempos de incertidume,por iso pedimos a Virxe María a súa axuda e intercesión para seguir a Xesús.