Neste segundo
Domingo acendemos a segunda vela (verde) e fixámonos no Bautista, que encarnou
o papel de crente, da persoa que acolle con confianza a Palabra.
Neste domingo, Xoán Bautista invítanos a facer do
Advento un tempo de coidar a outros e de coidarse moito,
de cambiar hábitos non axeitados, de descansar, rezar, servir e amar. Este é un
tempo que nos invita a vivila virtude da Esperanza, por iso alimentemos a
semente da ledicia e a esperanza que Deus puxo dentro de cada un de nós, para
ser as súas Testemuñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario