O Nadal chegou ao colexio. Este ano volvemos a celebrar un dos acontecementos máis
destacados e importantes do curso escolar, que non é outro que o noso
tradicional e emotivo Festival De Nadal.
A emoción e a ledicia inundaron todos e cada un dos recunchos do noso colexio, cunhas familias completamente entregadas no salón de actos e uns alumnos e profesores moi concentrados, alegres, contendo os nervios dende as bambolinas e desexando transmitir a emoción tralos días de intensos ensaios. O resultado final, simplemente, foi espectacular.
Cada etapa celebrou a chegada do Nadal con gran ledicia e tenrura nos diferentes festivais que tiveron lugar nos últimos días do trimestre. Os primeiros foron os nenos de Infantil e o 1º ciclo da Primaria que fixeron desfrutar a todo o público asistente mergullándoos nun ambiente máxico e moi navideño.
Ao día seguinte, o 2º e 3º ciclo da Primaria puxeron en escena un festival de panxoliñas
no que amosaron o seu talento un ano
máis, con grandes actuacións e bailes,
onde daban a benvida ao Nadal , e con el o remate do trimestre.
Como o broche a estes días de
celebración tivemos a Eucaristía de Nadal coas familias e a Comunidade
Educativa onde se nos invitou a abrilo
noso corazón para que Cristo naza nel, e a que levemos ese amor que Cristo nos
da a todos os que nos rodean; especialmente a aqueles que máis o necesitan.
Finalmente, Sor Agustina enviounos un saúdo de Nadal a tódalas
familias do colexio; para que todos sexamos testemuñas vivas de esperanza, a
pesares das voltas que o mundo nos dá, pero
Deus non nos deixa abandonados. Que o tempo de vacacións sexa de familia
e do coidado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario