Hoxe, 27 de Novembro celebramos a nosa festa
da Familia: a Virxe Milagrosa. María faise presente no noso día e lembrámola,
por medio de Santa Catarina Labouré, con esta mensaxe que quixo deixarnos: “Vinde
ao pé deste altar…. Os raios son as grazas que derramo a quen as pide…”.
Tamén lembraremos aquel 29 de novembro de
1633, día no que Santa Luisa de Marillac reuníu por primeira vez a un grupo de
xóvenes que querían consagrarse a Deus no servizo aos máis pobres, vivindo en
comunidade. Baixo a súa guía e a de San Vicente de Paúl comezou a Compañía das
Fillas da Caridade, nome que o pobo lles deu, “ao ver o que facían”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario