Neste último domingo de Coresma preparámonos para celebrala morte de Xesús e a súa resurrección. Neste domingo a Palabra de Deus destaca a fe como confianza.
Nas situacións de inquedanzas e dúbidas da nosa existencia non estamos solos. Hai unha Presencia de amor na que existimos, nos movemos e actuamos. Nela buscamos luz e forza para loitar pola vida e para enfrontarnos á morte. Solo nela atopamos unha esperanza de vida máis alá da vida. Cando nos abrimos a esa Presencia e nos deixamos seducir por ela -iso é o que significa a fe- somos capaces de vencela morte. O Espírito suscita en nós esa fe ou confianza na que, pase o que pase, o noso destino é a VIDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario