lunes, 1 de junio de 2020

GRACIAS FAMILIAS!!

   
 Dende o Equipo de Pastoral e en nome de todo o claustro de profesores, queremos expresar o noso agradecemento ao alumnado e ás súas familias polas aportacións na proposta feita dende o Equipo de Pastoral da Provincia: "Xuntos con María".
    Para nós é un pracer contar coa vosa presenza para colaborar na tarefa educativa que nos compete en conxunto, fortalecendo e aumentando a confianza mutua que é indispensable na acción formativa.
    Desexamos expresarvos a nosa gratitude pola colaboración e cooperación que tiveches nesta actividade e en tantas das actividades que se propoñen dende o colexio. Gracias por crear proxectos orixinais e dar sempre unha resposta positiva. Todo isto fai que o noso alumnado se enriqueza desa participación xenerosa, altruísta e fenomenal das familias.





No hay comentarios:

Publicar un comentario