domingo, 25 de febrero de 2024

CORESMA

 Como cada ano este tempo litúrxico, volve a re-encontrarnos con nós mesmos. Porque hai interrogantes que non contestamos polas presas e as rutinas e estes precisan respostas. As semanas que temos por diante podemos vivilas de xeito superficial ou poden ser un tempo de parar, profundizar, reflexionar e “modifícalo” rumbo da  nosa propia existencia.

Non é momento de grandes innovacións. Chéganos con volver ao esencial, o máis auténtico que hai no corazón do ser humano, os grandes desexos e soños que seguen a brillar no horizonte.

 A Coresma é, por tanto, o  momento axeitado  de romper as propias cadeas (máis ou menos pesadas) e apostar pola ilusión e a alegría. É tempo de interioridade, creatividade, crecemento e conversión. Unha ocasión propicia para reavivar o máis auténtico que nos habita e regresar aos compromisos do bautismo, ese tesouro que aínda temos por descubrir.






No hay comentarios:

Publicar un comentario