Como cada 27 de setembro os alumnos de 4º, 5ºe 6º dámonos cita na capela do colexio para conmemorar a figura de San Vicente de Paúl. Tomamos a súa figura como referencia á hora de levar unha vida de liberdade e servizo seguindo as súas pegadas.
Despois dunhas xornadas onde traballamos o carisma e froito do seu servizo nas aulas, puxémolo en común nun momento de convivencia e oración.
Que mellor maneira de comezar o curso con ledicia, que facelo celebrando o carisma e legado de San Vicente de Paúl! Por iso, o alumnado de 1º e 2º da ESO participaron na celebración que se levou a cabo o 27 de setembro na súa honra.
Son moitas as cualidades humanas e as virtudes cristiás deste santo; entre elas, o seu gran corazón e caridade cara os máis necesitados. A súa acción é un exemplo a seguir e, ao igual que el, durante a celebración preguntáronse: Que podemos facer por eles? Como debe ser o amor para poder ser libres?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario