O día 27 de novembro, o noso centro iniciou un triduo festivo na capela. Alí os máis pquenos celebraron a Virxe Milagrosa con oracións e un teatro sobre o significado da Medalla demostrando a nosa devoción cara a Virxe Milagrosa.
Para os máis pequenos, 3 anos, foi toda unha novidade, posto que era a primeira vez que se acercaban á capela.
O alumnado de infantil levou á celebración unha medalla da virxe Milagrosa, realizada por eles mesmos, coa axuda das súas titoras.
Despois da imposición da Medalla ó alumnado de nova incorporación de todo o colexio, cantamos unha canción á Virxe: "María mírame", na que lle pedimos que nos mire, nos coide, como coidou a Xesús, o seu Fillo. María é tamén nosa nai e así o sentimos.
Con motivo das festividades de Catalina Labouré e a Funcación das Fillas da Caridade, reunímonos na capela do colexio celebrando as Eucaristías co alumnado da ESO e o 2º e 3º ciclo de primaria.
Nas distintas Eucaristías que celebramos, o alumnado pedíu a María que nos anime a vivir sempre unidos a Cristo, facendo o que El nos di e experimentando o seu amor que nos fai libres.
Queremos dar as gracias a todo o alumnado polo seu bo comportamento e as súas mostras de respeto nos actos conmemorativos da Medalla Milagrosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario