lunes, 11 de diciembre de 2023

TEMPO DE ADVENTO

Na sociedade na que nos tocou vivir  fáltalle unha dimensión esencial para que sexamos plenos: a Interioridade. Esto é debido á rapidez coa que vivimos, sen deternos en nada nin con ninguén, a felicidade non ten tempo a chegar ata o noso corazón; xa que “vivimos” todo e quedámonos case sempre na superficie sen escoitar a vida con profundidade.

Os momentos de silencio pódennos curar, pero apenas somos capaces de atopalo en medio de tódalas ocupacións que temos que atender. Cada día temos menos espacio para a interioridade na nosa vida diaria, porque aprendemos a vivir “como cousas  no medio de cousas”(Jean Onimus). Acotío apostamos polo exterior e Deus resulta de pouco interese para a vida diaria. Por iso, neste tempo de Advento queremos que Xesús sexa quen oriente a nosa vida. Polo que cada domingo, o evanxeo será un punto cardinal para deixarnos guiar e nos enseñe a acoller  a Xesús. Que o seu nacemento encha de sentido a nosa vida!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario