A celebración do Xoves Santo é o comezo na Igrexa da celebración para a que nos estivemos preparando no tempo da Coresma. O Triduo Pascual invítanos a adentrarnos directamente no máis fondo do Misterio de Cristo; a contemplalo en profundidade, a deixarnos atrapar pola forza dun Amor que supera o tempo e chega a nosa realidade máis íntima. Na Mesa do Cenáculo temos un sitio reservado para acoller os diferentes matices da entrega de Xesús que nos chegan polo amor fraterno, a Eucaristía e o legado sacerdotal. O Xoves Santo é un desafío. Como o foi o lavado, o pan e o viño, para os discípulos. Gardaron silencio. Costoulle entendelo. Pero mantiveron e transmitiron a memoria daquela tarde como “o tesouro da Igrexa”.
O Xoves Santo fainos axeonllar para contemplar e acoller o Misterio. Pero, á vez, envíanos ao servicio do irmán. O xesto de Xesús e as súas palabras lévannos aos camiños do mundo para imitar a Quen nos ensinou a facer da vida un servicio de amor. O pan pártese e dáse: sería inútil gardalo cando hai tanta fame. Os pes tócanse e lávanse para que sigan o camiño: non se xulgan, nin se analizan, nin se contemplan.
Este día é unha chamada a entrega feita dende o amor auténtico e liberador; que fai rompernos, agacharnos e servir para prolongala Pascua de Xesús.
No hay comentarios:
Publicar un comentario