Venres Santo, a Paixón e Morte do Señor. Toda a Igrexa mira con amor, con agradecemento e con profundo sentimento de adoración, a Cruz do Señor. Todo se acadou, o amor de Deus chegou ata o extremo máis insospeitado e o pecado e a morte foron vencidos no trono do amor que é a Cruz de Cristo. Toda dor, todo sufrimento, todo pecado está asumido na Cruz por Xesús. Facendo súa as nosas debilidades, para soterralo todo no abismo inmenso do seu amor e dende alí resucitarnos a unha vida nova. O que comeza nun horto, Getsemaní, conclúe noutro, o do sepulcro, anunciando unha vida nova que xurde e nace para nós.
Xesús é o noso sosego e esperanza. Mirándoo a El, a nosa vida flúe e a nosa fe fortalécese aínda no medio dos problemas e as dificultades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario