Coa celebración do domingo de Ramos comezamos a Semana Santa. Hoxe comeza a gran semana litúrxica que nos leva cara a Pascua, a morte e resurrección do Señor, centro da nosa fe.
Neste domingo, a Igrexa conmemora a entrada de Xesús en Xerusalén para dar cumprimento ao seu misterio pascual. Celebramos con ledicia e proclamamos “quen ven no nome do Señor”, presaxio do triunfo real de Cristo; e a dor pola súa morte inminente na cruz, que nos anticipa a lectura da Paixón, anuncio de que a salvación terá lugar a través do misterio da súa morte e resurrección. Co seu exemplo, o Señor ensínanos, que vivir a fe é antepoñer a vontade do Pai á nosa. E confiar a nosa vida nas súas mans.
Que esta Semana Santa que hoxe comezamos sexa unha profunda experiencia de renovación de nosa fe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario