A resurrección de Xesús non é solo unha celebración litúrxica. É a manifestación do amor poderoso de Deus, que nos salva da morte e do pecado. Para iso temos que tomar conciencia de que a nosa vida está habitada por un Misterio acolledor que Xesús chama « ABBA, Pai». Aínda que a veces non nos sexa doado experimentalo, a nosa existencia está sostida e dirixida por Deus cara unha plenitude final.
A morte non ten a última palabra, senón Deus. Hai tanta morte inxusta, tanta enfermidade, tanta vida sen sentido, que poderíamos afundirnos na desesperanza. A resurrección de Xesús lémbranos que Deus existe e salva. El faranos coñecer a vida plena que aquí non coñecemos.
Celebrala resurrección de Xesús é abrirnos a enerxía vivificadora de Deus. O verdadeiro inimigo da vida non é o sufrimento, senón a tristura. Nos tempos que vivimos fáltanos paixón pola vida e compaixón polos que sofren e sóbranos apatía e hedonismo barato que nos fan vivir sen desfrutar o mellor da nosa existencia: o Amor. A resurrección ten quer ser a fonte e o estímulo dunha Vida Nova.

Surrexit Christus Alelluia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario