jueves, 2 de noviembre de 2023

HOLYWINS

A palabra Halloween significa «All hallow’s eve», palabra que ven do inglés antigo, e que significa «a véspera de tódolos santos», refírese á noite do 31 de outubro, que é a  véspera da Festa de Tódolos Santos. Sen embargo, a antiga costume anglosaxona quitoulle o seu sentido relixioso para celebrar no seu lugar a noite do terror, das bruxas e das pantasmas.

Nos últimos anos, o Papa Francisco, en diferentes documentos (exhortación apostólica «Gaudete et exultate») e situacións, lembrou que todos estamos chamados a santidade, por iso en diversas partes do mundo propuxéronse recuperalo 31 de outubro como a Véspera de Tódolos Santos. Así naceu a celebración de “Holywins”, para festexar cos nenos e xóvenes a chamada universal a  santidade. Esta iniciativa naceu na diócese de París no ano 2002.

Este ano, no colexio, quixemos recuperar un proxecto que dende o ano 2021 non fomos quen de recuperalo ata este curso. Estas dúas últimas semanas os alumnos do 2º e 3º ciclo da Primaria elaboraron diversos murais, despois de investigar sobre algúns datos dos santos que se chaman coma eles. Esperamos nos vindeiros cursos ampliar as actividades deste proxecto e involucrar a máis alumnos.










No hay comentarios:

Publicar un comentario