A
celebración do Mércores de Cinza invítanos
a unha profunda revisión da nosa vida, das nosas actitudes e criterios
de comportamento; a iniciar un serio proceso de conversión e de purificación. A
imposición das cinzas lémbranos que a nosa vida na terra é pasaxeira e que a
nosa vida definitiva atópase no Ceo.
A
Coresma comeza co Mércores de Cinza: é tempo de oración, penitencia e xaxún.
Corenta días que a Igrexa marca para a conversión do corazón. Sinónimo de
"conversión" é así mesmo a palabra "penitencia"...
Penitencia como cambio de mentalidade. Penitencia como expresión de libre e
positivo esforzo no seguimento de Cristo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario