O mes de maio é un mes de moitas celebracións,
entre elas está a celebración dun dos días máis importantes para a nosa
Comunidade Educativa: o 9 de maio. Festa de Santa Luisa, a nosa fundadora e a
guía das nosas travesías. Por iso dun xeito especial, celebrámolo con ledicia e
gratitude con tódolos alumnos e profesores.
Comezamos este día con diferentes celebracións por
etapas como colofón ao traballo feito nas clases. Nelas destacamos os valores
que a levaron a estar incondicionalmente ao servicio dos máis necesitados.
Demos grazas a Deus por ter a Santa Luisa, xunto
con San Vicente, como os faros que marcan o rumbo da nosa viaxe.
Pola tarde desfrutamos dunha xornada chea de
actividades lúdicas e deportivas ao aire libre no patio do colexio.
Que sigamos facendo realidade o legado dos nosos
fundadores!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario