O Sábado Santo é un día de silencio e
de espera. Un gran silencio envolve a terra. Xesús morreu. Parece que neste día Deus calou,
pero... aínda non dixo a última palabra.
Os discípulos de Xesús permanecen
xunto ao sepulcro do Señor, meditando a paixón e morte. Tódalas súas
esperanzas derrubáronse. O seu mestre
foi cravado nunha cruz coma un axitador do pobo. María a súa nai, tamén garda
silencio na súa dor.
É un día para contemplar, para
contemplar en silencio e preto de María. María é a muller do silencio, da
espera, da escoita, da búsqueda...
É un día para que nos sintamos máis
preto dos que están sos, dos ausentes, dos desamparados, dos que necesitan unha
palabra ou un xesto de ánimo, de esperanza.
E despois deste día de silencio e oración con María só nos queda acudir á Vixilia Pascual, que é a celebración que recolle todo o que existe e envólveo no Amod e Deus. É recoñecer que todo o que existe ten un sentido en Deus, todo está sostido polo seu Amor. Todo comeza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario