Neste tempo pascual celebrámola VIDA
con maiúsculas. Marcados pola Resurrección do Señor temos que contaxiar a esperanza que ven da Resurrección.
Nós, os cristiáns, cremos e sabemos
que a Resurrección de Cristo é a verdadeira esperanza do mundo, aquela que non
defrauda. É a forza do gran de trigo, do amor que se humilla e se dá ata o
final, e que renova realmente ao mundo. Tamén hoxe esta forza dá froito na nosa historia, marcada por tantas
inxustizas e violencias. Trae froitos de esperanza e dignidade onde hai miseria
e exclusión, onde hai fame e falta de traballo, onde cada día temos vítimas da
trata de persoas e das distintas formas de escravitude…
As marcas da paixón nas mans, nos pes
e nas costas de Xesús quedaron como a marca perpetua dun amor infinito por cada
un de nós, por unha entrega que dá vida. Así, Cristo resucitado é a nosa
esperanza, a verdadeira esperanza do mundo, a que nos move a camiñar cada día.
¡Déixate marcar pola esperanza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario