No día de hoxe, Xoves Santo, lembramos
a Última Cea de Xesús cos seus apóstolos, na que lles lavou os pés dándonos un
exemplo de servicio. Na Última Cea, Xesús quedou con nós no pan e no viño, deixounos o seu Corpo e a
súa Sangue.
Cun xesto tan sinxelo como lavalos
pés, Xesús rompe esquemas, cruza fronteiras internas e amosa aos seus
discípulos outra forma de ser e vivir. Un xesto de gran profundidade que
permite entendelo modo de proceder de Xesús, ese que nin os discípulos comprenderon. Lavalos pes é a oportunidade
para entrar nun novo espacio no que construír relacións distintas, sas,
auténticas. Todos estamos invitados no día de hoxe a ser aquelas persoas que
saben ver e buscalo amor e o servicio nas cousas más cotiás da vida, que non
miran cando o outro fixo por última vez o que hoxe fago eu; que simplemente
aman e serven sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario