jueves, 6 de julio de 2023

GRACIAS FAMILIAS

 

Dende a Comunidade Educativa do colexio queremos dar a gracias a tódalas familias que se implicaron no noso proxecto: “Ningunha familia sen comida”. Porque todas elas nos amosaron o seu apoio, comprensión e esforzo ao longo do curso que acabamos de rematar. Non queríamos irnos sen antes dicirvos que:

Gracias por facer, pouco a pouco, crecer e avanzar o noso  proxecto como escola e comunidade educativa. Gracias por formar parte deste proxecto, desta escola, do Colexio A Milagrosa-Josefa Sobrido.




domingo, 14 de mayo de 2023

CELEBRACIÓN SANTA LUISA DE MARILLAC

 


O mes de maio é un mes de moitas celebracións, entre elas está a celebración dun dos días máis importantes para a nosa Comunidade Educativa: o 9 de maio. Festa de Santa Luisa, a nosa fundadora e a guía das nosas travesías. Por iso dun xeito especial, celebrámolo con ledicia e gratitude con tódolos alumnos e profesores.
Comezamos este día con diferentes celebracións por etapas como colofón ao traballo feito nas clases. Nelas destacamos os valores que a levaron a estar incondicionalmente ao servicio dos máis necesitados. 
Demos grazas a Deus por ter a Santa Luisa, xunto con San Vicente, como os faros que marcan o rumbo da nosa viaxe.
Pola tarde desfrutamos dunha xornada chea de actividades lúdicas e deportivas ao aire libre no patio do colexio.
Que sigamos facendo realidade o legado dos nosos fundadores!!




martes, 2 de mayo de 2023

MES DE MAIO

 



Hoxe comezámolo mes de maio, o mes de  María, das flores e da luz. É tamén na liturxia o mes da Ascensión do Señor, do Espírito Santo e da Santísima Trinidade. Para os que formamos parte da Comunidade das Fillas da Caridade é tamén o mes no que celebramos o día de Santa Luisa, a fundadora das nosas comunidades (9 de maio). 
O mes de maio é un mes para profundizar no noso interior o gran a mor que a Virxe ten para cada un de nós, como nos coida, nos protexe e nos leva sempre cara o seu fillo Xesús. 
O Papa Francisco, nunha carta (Carta do Santo Pai a todos os fieis para o mes de maio de 2020), animaba a todos os cristiáns a rezar o Rosario na casa, coa familia, durante o mes de maio.




domingo, 16 de abril de 2023

TEMPO PASCUAL

 


Anunciamos con alegría que Xesús resucitou. Seguimos camiño... e descubrimos o GRAN TESOURO da SEMANA SANTA! 

CRISTO RESUCITOU! VIVE! 

No evanxeo destes próximos oito domingos vánnolo anunciar diferentes persoas, dende María Magdalena ata os discípulos de Emaús. 

Cada domingo, seguiremos descubrindo unha chamada especial a non gardarnos este gran  tesouro que é Cristo. Vivamos intensamente esta cincuentena e preparémonos para que Pentecoste sexa a renovación do noso bautismo e confirmación como persoas e comunidades. 

domingo, 9 de abril de 2023

DOMINGO DE RESURRECCIÓN


A resurrección de Xesús non é solo unha celebración litúrxica. É a manifestación do amor poderoso de Deus, que nos salva da morte e do pecado. Para iso temos que tomar conciencia de que a nosa vida está habitada por un Misterio acolledor que Xesús chama « ABBA, Pai». Aínda que a veces non nos sexa doado experimentalo, a nosa existencia está sostida e dirixida por Deus cara unha plenitude final. 
A morte  non ten a última palabra, senón Deus. Hai tanta morte inxusta, tanta enfermidade, tanta vida sen sentido, que poderíamos afundirnos na desesperanza. A resurrección de Xesús lémbranos que Deus existe e salva. El faranos coñecer a vida plena que aquí non coñecemos. 
Celebrala resurrección de Xesús é abrirnos a enerxía vivificadora de Deus. O verdadeiro inimigo da vida non é o sufrimento, senón a tristura. Nos tempos que vivimos fáltanos paixón pola vida e compaixón polos que sofren e sóbranos apatía e hedonismo barato que nos fan vivir sen desfrutar o mellor da nosa existencia: o Amor. A resurrección ten quer ser a fonte e o estímulo dunha Vida Nova.
 

                                Surrexit Christus Alelluia!

sábado, 8 de abril de 2023

SÁBADO SANTO

O Sábado Santo non é un día de grandes actos, nin festexos, nin ruídos. O Señor morreu, e repousa no sepulcro. É o momento de pararnos e de contemplala morte de Xesús, é o día do silencio, da espera por excelencia. Nesta xornada unímonos a toda a Igrexa no rezo da Liturxia das Horas, a espera da Pascua do Señor.  

Esperar xunto ao sepulcro de Xesús é un signo de confianza en Deus, que todo o pode, incluso resucitar de entre os mortos para dárnola vida. Nesta espera estamos acompañados pola Nai de Xesús. Compartimos a súa  soidade esperanzada, que nos anima a confiar contra toda desesperanza, en que as verbas de Xesús en de xamais  defraudan: «Ao terceiro día, resucitarei». 

Non celebrámola Eucaristía ata a solemne Vixilia Pascual xa, como parte das celebracións do Domingo de Resurrección -a festa das festas-. Chegamos a culminación do Triduo Pascual e de tódalas celebracións cristiás, que será o triunfo de Cristo sobre o pecado.

 

viernes, 7 de abril de 2023

VENRES SANTO


Venres Santo, a Paixón e Morte do Señor. Toda a Igrexa  mira con amor, con agradecemento e con profundo sentimento de adoración, a Cruz do Señor. Todo se acadou, o amor de Deus chegou ata o extremo máis insospeitado e o pecado e a morte foron vencidos no trono do amor que é a Cruz de Cristo. Toda dor, todo sufrimento, todo pecado está asumido na Cruz por Xesús. Facendo súa as nosas debilidades, para soterralo todo no abismo inmenso do seu amor e dende alí resucitarnos a unha vida nova. O que comeza nun horto, Getsemaní, conclúe noutro, o do sepulcro, anunciando unha vida nova que xurde e nace para nós. 
Xesús é o noso sosego e esperanza. Mirándoo a El, a nosa vida flúe e a nosa fe fortalécese aínda no medio dos problemas e as dificultades.