A festa de todolos santos que hoxe celebramos, é unha celebración propicia para traer á memoria e pasar polo corazón, os nomes e a vida de tantas persoas, nas que vimos a santidade de Deus. Esta festa é tamén unha oportunidade para renovar a nosa esperanza fronte ao momento que vivimos. Unha esperanza que é paciente pero non resignada. Unha esperanza que nos renova dende o esencial da nosa fe no Deus da vida. Esa esperanza que vemos na santidade cotiá: aos pais que crían con amor aos seus fillos, neses homes e mulleres que traballan para levar o pan á súa casa, nos anciáns e enfermos que seguen sorrindo a pesares das adversidades. Neste esforzo para seguir adiante día a día, vemos a santidade da Iglesia sinxela e humilde. Esa é moitas veces “a santidade da porta da beira”, daqueles que viven preto de nós e son un reflexo da presenza de Deus. Esta vivencia encamíñanos ao encontro cos nosos irmáns santos, que celebramos, e que xa comparten plenamente a vida plena con Deus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario