Por sexto ano consecutivo a Comunidade Educativa convidámosvos a colaborar no Proxecto: Ningunha familia sen comida que organizamos en colaboración con Cáritas -Ribeira. Unha iniciativa que ten por obxectivo concienciar durante o curso escolar da situación de vulnerabilidade na que se atopan moitas familias achegando o noso gran de area para facer que ninguén quede sen o acceso aos alimentos básicos. Neste mes de novembro serán os alumnos de Ed. Infantil quen nos ensinen a ser solidarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario