Neste curso, uns dos obxectivos do departamento de Pastoral é a participación activa dos alumnos da ESO nos diferentes proxectos que se levan a cabo no colexio. Aproveitando que Sor Loli é a delegada da provincia da Coruña de COVIDE -AMVE (COOPERACIÓN VINCENCIANA PARA O DESENVOLVEMENTO – ACCIÓN MISIONEIRA VINCENCIANA DE ESPAÑA) levouse a cabo unas xornadas de sensibilización entre o alumnado da Educación Secundaria para que cada curso apadriñase un proxecto, ben cunha beca de axuda ao estudo para garantir unha educación equitativa e de calidade nos países nos que serven os nosos misioneiros ou ben apoiando o proxecto "Almorzos para Haití" a través do cal queren asegurar os almorzos dos menos/as, por medio do comedores-almorzo instalados nas garderías e colexios da zona. Estes centros educativo-nutricionais tamén queren aportar algo de alimentos aos anciáns que se achegan ás súas portas.
A través destes programas de axuda ao estudo (BOLSAS) e de axuda alimentaria queremos chegar ao máximo número de nenas e nenos dos países nos que serven os nosos misioneiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario