Hoxe celebramos o domingo do Domund. Este é o día no que, dun modo especial, a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora coas misións. Celébrase en todo o mundo o penúltimo domingo de outubro, o “mes das misións”. O lema deste ano: “Ide e convidade a todos ao banquete”, vén dado na mensaxe do papa Francisco e está inspirado na parábola do banquete de vodas do Evanxeo. A misión é un “ir” incansable para convidar o mundo enteiro ao banquete da fraternidade, da Eucaristía. É unha invitación feita co estilo de Cristo con tenrura, caridade e proximidade. É feita para “todos” e, en especial, para os últimos, os excluídos, como afirma o Papa na súa mensaxe. Os misioneiros cambian a vida de moitas persoas en todo o mundo, polo que temos que axudarlles a seguir desenvolvendo a súa labor nas misións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario