Non hai mellor maneira de comezar o curso escolar que facendo festa. O pasado venres 27 celebramos a festividade de San Vicente. Dende a primeira hora os alumnos dos diferentes cursos foron a capela para aprender de San Vicente e a súa paciencia ante as adversidades e a súa perseverancia para lograr os seus obxectivos.
Para rematar a mañá todos os alumnos e mestres degustaron unha deliciosa chocolatada onde desfrutaron e socializaron, creando un ambiente cálido e acolledor. Este momento de convivencia non só proporciona un deleite para o padal, senón que tamén busca cultivar un sentido de pertenza e conexión, invitando a todos a vivir estes momentos como una comunidade unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario