viernes, 6 de enero de 2023

EPIFANÍA DO SEÑOR

Epifanía significa manifestación. Amósase desa maneira a fermosa realidade de Deus que ven para todos: tódalas nacións, linguas e pobos son acollidos e amados por El. O seu símbolo é a luz, que chega a todas as partes e as ilumina. Os tres Sabios de oriente que viron a Luz foi, porque tiñan a capacidade de estar abertos e saber distinguir os signos dos tempos, escoitaron a voz do ceo e o seu propio corazón: a chamada de Deus. 

Cando a estrela se parou ante a casa pobre, non se escandalizaron e recoñecérono coma o Mesías; porque Deus vístese da sinxeleza e solo se manifesta aos humildes e aos pequenos. 

Trala Adoración foi tal a luz e a ledicia que recibiron, que eles mesmos convertéronse en estrelas. E por onde queira que ían daban testemuña do que viron e oíran. Foron luz da  esperanza, do amor e da ledicia para os famentos da luz e de Deus. 

Nós estamos invitados a imitar aos Sabios a levantala vista e a descubrir como, ante esta LUZ, o noso corazón  engrandécese. Coma os Sabios, sintamos ese agradecemento de ser chamados a formar parte da Igrexa. Desta Igrexa que ten que proclamar que non hai escuridade, que hai luz; que hai verdade; que tódolos homes non son inimigos uns dos outros, senón que son irmáns. Esta Igrexa que ten, en medio deste mundo necesitado de luz, que invitarnos a reconciliación, a construíla paz, a marcar camiños; camiños de encontro, camiños de comunión entre os homes, camiños de misión. Nós, a Igrexa, temos  que regalar,  promover, e manifestar a luz de Xesucristo. 


domingo, 25 de diciembre de 2022

NATIVIDADE DO SEÑOR


A Natividade, eso é o que hoxe celebramos. Que fai máis de 2000 anos naceu Xesús e con el nacía todo de novo. Celebramos que Deus fíxose home e esperanza dos homes. Non só
nacía un Deus feito home, senón que, nese momento, nacía a esperanza duna nova humanidade. 

Falar de esperanza nos tempos que corren é complicado e tamén difícil de entender para os que nestes momentos sofren as consecuencias da guerra. Para  miles de persoas que viven na rúa ou para os que a crise económica deixounos sen traballo. Para todos eles é complicado, celebrala esperanza. 

Este año, a todos, tócanos ser como Xoán e dar testemuña desa luz que, dende unha pequena corte de Belén, xunto a uns pais que tamén estaban pasando por malos momentos, iluminou ao mundo enteiro. 

Temos que ser reflexo de Xesús. Temos que iluminar aos que, non só nestes días, senón durante todo o ano, foron perdendo as esperanzas e as ganas de celebrar. 


sábado, 24 de diciembre de 2022

Festividade do Nadal

O Nadal chegou ao colexio. Este ano volvemos a  celebrar un dos acontecementos máis destacados e importantes do curso escolar, que non é outro que o noso tradicional e emotivo Festival De Nadal. 

A emoción e a ledicia inundaron todos e cada un dos recunchos do noso colexio, cunhas familias completamente entregadas no salón de actos e uns alumnos e profesores moi concentrados, alegres, contendo os nervios dende as bambolinas e desexando transmitir a emoción tralos días de intensos ensaios. O  resultado final, simplemente, foi espectacular. 

Cada etapa celebrou a chegada do Nadal  con gran ledicia e tenrura  nos diferentes festivais  que tiveron lugar nos últimos días do trimestre. Os primeiros foron os nenos de Infantil e o 1º ciclo da Primaria que  fixeron desfrutar a todo o público asistente mergullándoos nun ambiente máxico e moi navideño. 

Ao día seguinte, o 2º e 3º ciclo da Primaria  puxeron en escena un festival de panxoliñas no que amosaron  o seu talento un ano máis, con grandes actuacións e  bailes, onde daban a benvida ao Nadal , e con el o remate do trimestre. 

Como o broche a estes días de celebración tivemos a Eucaristía de Nadal coas familias e a Comunidade Educativa onde se  nos invitou a abrilo noso corazón para que Cristo naza nel, e a que levemos ese amor que Cristo nos da a todos os que nos rodean; especialmente a aqueles que máis o  necesitan. 

Finalmente, Sor Agustina  enviounos un saúdo de Nadal a tódalas familias do colexio; para que todos sexamos testemuñas vivas de esperanza, a pesares das voltas que o mundo nos dá, pero  Deus non nos deixa abandonados. Que o tempo de vacacións sexa de familia e do coidado. 

¡¡BO NADAL, FAMILIAS, ALUMNOS E PROFESORES!! 

ç














viernes, 23 de diciembre de 2022

UN MILLÓN DE GRAZAS!!!

 

É unha enorme ledicia constatar que, na nosa comunidade educativa, o sentido da fraternidade solidaria e a caridade evanxélica fanse presentes unha e outra vez. 


En ocasións parece que as nosas posibilidades de axuda son escasas, pero entre todos, somos capaces de acercar, a quen o precisa, un sopro de dignidade, que é necesaria e imprescindible para cooperar na instauración do Reino de Deus na nosa terra. 


A
 vosa aportación é moi valiosa, con cada unha estamos un pouquiño máis preto de conseguir un futuro con persoas que teñan máis doado o acceso a unha vida digna. 


Gracias a vosa colaboración estamos máis preto.
 



 

domingo, 18 de diciembre de 2022

IV DOMINGO ADVENTO



Hoxe comezamos a cuarta semana de Advento, acendemos a vela branca. Estamos xa preto do Nadal. Esta última semana de Advento lévanos a acoller a Xesús, a facerlle un sitio entre nós, axiña nacerá. No evanxeo de hoxe, Xosé acepta a vontade de Deus de coidar a María e ao Neno. O exemplo de ámbolos dous motívanos a querer e coidar as persoas que nos rodean, así acolleremos a Xesús neste Nadal. Deus nace en nós, confiemos no seu amor.

lunes, 12 de diciembre de 2022

III DOMINGO DE ADVENTO: ALÉGRATE

 


Estamos no terceiro domingo de Advento, o domingo da ledicia e a conversión: “Alegrádevos porque o Señor está preto”, dinos o profeta. Esta semana acendemos a terceira candea (vermella), a candea da ledicia e a conversión.
 

Este domingo quere espertar en nós sentimentos de ledicia, esta ledicia permítenos saber que Cristo está preto, e libera aos pobres dos seus males.  Chamámolo “Gaudete”, porque nel todo nos invita a alegrarnos, pero tendo en conta, quen é a causa, especialmente para os máis pequenos, débiles e sinxelos. Pero coa Palabra que nos trae hoxe a súa presencia, ven tamén a inquietude de buscalo, esperalo, e facelo presente. Este é o noso  reto no Advento. 

jueves, 8 de diciembre de 2022

II DOMINGO DE ADVENTO


Neste segundo Domingo acendemos a segunda vela (verde) e fixámonos no Bautista, que encarnou o papel de crente, da persoa que acolle con confianza a Palabra. 

Neste  domingo, Xoán Bautista invítanos a facer do Advento  un  tempo de coidar a outros e de coidarse moito, de cambiar hábitos non axeitados, de descansar, rezar, servir e amar. Este é un tempo que nos invita a vivila virtude da Esperanza, por iso alimentemos a semente da ledicia e a esperanza que Deus puxo dentro de cada un de nós, para ser as súas Testemuñas.