lunes, 9 de diciembre de 2024

II DOMINGO DE ADVENTO

Neste segundo domingo de Advento é María, que sobe ao noso autobús, que nos ensina a ter unha escoita atenta á proposta de Deus. Ela acolle as súas palabras, a súa disposición para ser a Nai de Deus é un exemplo de total confianza e entrega. María é símbolo da espera activa e confiada na vinda do Salvador, e a súa figura inspira aos fieis para vivir con maior intensidade este tempo.




lunes, 2 de diciembre de 2024

I DOMINGO DE ADVENTO

Onte comezamos o tempo do Advento, tempo que dá inicio a un novo ano litúrxico. Neste advento, cada domingo chegará este autobús morado, que é a nosa igrexa que está a buscar con ESPERANZA a XESÚS. Somos como di o xubileo "Peregrinos da Esperanza" camiño de Belén. Cada domingo asomarase á xanela do noso autobús un personaxe do Evanxeo que nos dirá unha palabra chave para atopar a Xesús. Neste primeiro domingo sóbense ao autobús os profetas que nos piden espertar, estar atentos, denuncian a nosa preguiza e dinnos ESPABILA!



domingo, 1 de diciembre de 2024

FESTAS DA FAMILIA VICENCIANA

Os días 27, 28 e 29 de novembro a nosa Comunidade Educativa celebrou as Festas da Familia Vicenciana. Todas elas teñen o seu fundamento nas aparicións da Virxe María a Santa Catalina Labouré en 1830, na Rue du Bac, París. Dende aquel momento a Medalla Milagrosa, coa  imaxe da Virxe rodeada da frase: "Oh María, sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a ti", converteuse nun emblema de esperanza e fe. Para as Fillas da Caridade, esta devoción non só representa un acto de veneración, senón que tamén reflicte a súa misión de servizo e amor cara aos máis necesitados. A Virxe Milagrosa é  o modelo de humildade e entrega, cualidades que as Fillas da Caridade levan a cabo na súa vida diaria a través do seu traballo en hospitais, escolas e orfanatos. As Fillas da Caridade esfórzanse por ser un reflexo do amor maternal da Virxe, brindando apoio e consolo a quen máis o necesitan. 

Nas distintas celebración realizadas polos alumnos pedímoslle que o seu legado de fe e servizo continúe inspirando as novas xeracións a vivir con amor e dedicación, lembrando que, do mesmo xeito que a Virxe, todos estamos chamados a ser instrumentos de paz e esperanza no mundo.



jueves, 28 de noviembre de 2024

QUERES ENCHER O MUNDO DE SORRISOS?

Neste curso, uns dos obxectivos do departamento de Pastoral é a participación activa dos alumnos da ESO nos diferentes proxectos que se levan a cabo no colexio. Aproveitando que Sor Loli é a delegada da provincia da Coruña de COVIDE -AMVE (COOPERACIÓN VINCENCIANA PARA O DESENVOLVEMENTO – ACCIÓN MISIONEIRA VINCENCIANA DE ESPAÑA)  levouse a cabo unas xornadas de sensibilización entre o alumnado da Educación Secundaria para que cada curso apadriñase un proxecto, ben cunha beca de axuda ao estudo para garantir unha educación equitativa e de calidade nos países nos que serven os nosos misioneiros ou ben apoiando o proxecto "Almorzos para Haití" a través do cal  queren asegurar os almorzos dos menos/as, por medio do comedores-almorzo instalados nas garderías e colexios da zona. Estes centros educativo-nutricionais tamén queren aportar algo de alimentos aos anciáns que se achegan ás súas portas. 

A través destes programas de axuda ao estudo (BOLSAS) e de axuda alimentaria queremos chegar ao máximo número de nenas e nenos dos países nos que serven os nosos misioneiros.




viernes, 8 de noviembre de 2024

NINGUNHA FAMILIA SEN COMIDA!

Por sexto ano consecutivo a Comunidade Educativa convidámosvos a colaborar no Proxecto: Ningunha familia sen  comida que organizamos en colaboración  con  Cáritas -Ribeira. Unha iniciativa que ten por obxectivo concienciar durante o curso escolar da situación de vulnerabilidade na que se atopan moitas familias achegando o noso gran de area para facer que ninguén quede sen o acceso aos alimentos básicos. Neste mes de novembro serán os alumnos de Ed. Infantil quen nos ensinen a ser solidarios.





jueves, 7 de noviembre de 2024

MIL GRAZAS!

Queremos darvos as grazas pola solidariedade que demostráchesdes o pasado 24 de outubro, acompañando  e participando na Sesión de Cine Solidario, iniciativa solidaria levada a cabo polo Claustro de Profesores, onde os nosos alumnos e mestres achegaron o seu gran de area. 

Grazas ás vosas achegas logrouse chegar aos 1108,02€ que irán destinados a que OMP siga coas súa importante misión de atender as grandes necesidades coas que se atopan os misioneiros na súa labor de evanxelización por todo o mundo.



viernes, 1 de noviembre de 2024

FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS

A festa de todolos santos que hoxe celebramos, é unha celebración propicia para traer á memoria e pasar polo corazón, os nomes e a vida de tantas persoas, nas que vimos a santidade de Deus. Esta festa é tamén unha oportunidade para renovar a nosa esperanza fronte ao momento que vivimos. Unha esperanza que é paciente pero non resignada. Unha esperanza que nos renova dende o esencial da nosa fe no Deus da vida. Esa esperanza que vemos na santidade cotiá: aos pais que crían con amor aos seus fillos, neses homes e mulleres que traballan para levar o pan á súa casa,  nos anciáns e enfermos que seguen sorrindo a pesares das adversidades. Neste esforzo para seguir adiante día a día, vemos a santidade da Iglesia sinxela e humilde. Esa é moitas veces “a santidade da porta da beira”, daqueles que viven preto de nós e son un reflexo da presenza de Deus. Esta vivencia encamíñanos ao encontro cos nosos irmáns santos, que celebramos, e que xa comparten plenamente a vida plena con Deus.