domingo, 20 de octubre de 2024

DOMUND

 Hoxe celebramos o domingo do Domund. Este é o día no que, dun modo especial, a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora coas misións. Celébrase en todo o mundo o penúltimo domingo de outubro, o “mes das misións”. O lema deste ano: “Ide e convidade a todos ao banquete”, vén dado na mensaxe do papa Francisco e está inspirado na parábola do banquete de vodas do Evanxeo. A misión é un “ir” incansable para convidar o mundo enteiro ao banquete da fraternidade, da Eucaristía. É unha invitación feita co estilo de Cristo con tenrura, caridade e proximidade. É feita para “todos” e, en especial, para os últimos, os excluídos, como afirma o Papa na súa mensaxe. Os misioneiros cambian a vida de moitas persoas en todo o mundo, polo que temos que axudarlles a seguir desenvolvendo a súa labor nas misións.



lunes, 7 de octubre de 2024

OUTUBRO MISIONEIRO

Fai uns días comezamos o mes de outubro. Este mes é o mes das Misións. Dende que Xesús enviou aos seus discípulos para ser as súas testemuñas ata o confín da terra, a historia da Igrexa foise entrelazando con miles de envíos de misioneiros. Este ano, o Papa Francisco elixÍu como tema a parábola evanxélica do banquete nupcial (Mateo 22,1-14): “Saian as encrucilladas e inviten a todos os que atopen” (v. 9). 

Neste Outubro Misioneiro, renovemos o noso compromiso de ser misioneiros que van ao encontro de todos, amando sen distincións e testemuñando coa nosa vida o gran banquete do amor de Deus.



domingo, 6 de octubre de 2024

CONMEMORACIÓN DÍA DE SAN VICENTE DE PAÚL

Non hai mellor maneira de comezar o curso escolar que facendo festa. O pasado venres 27 celebramos a festividade de San Vicente. Dende a primeira hora os alumnos dos diferentes cursos foron a capela para aprender de San Vicente e a súa paciencia ante as adversidades e a súa perseverancia para lograr os seus obxectivos.

Para rematar a mañá todos os alumnos e mestres degustaron unha deliciosa chocolatada onde desfrutaron e socializaron, creando un ambiente cálido e  acolledor. Este momento de convivencia non só proporciona un deleite para o padal, senón que tamén busca cultivar un sentido de pertenza e conexión, invitando a todos a vivir estes momentos como una comunidade unida.