viernes, 24 de enero de 2025

PROXECTOS COVIDE-AMVE

Durante esta semana, os alumnos voluntarios da ESO presentaron unha serie de proxectos solidarios da ONG das Fillas da Caridade (COVIDE-AMVE) aos estudantes de primaria. O obxectivo destas iniciativas é fomentar a solidariedade e o compromiso social entre todos os alumnos, animándoos a achegar o seu gran de area para axudar a quen máis o necesitan. Durante a presentación, os maiores compartiron diferentes proxectos que buscan mellorar a vida de persoas en situacións vulnerables. Os alumnos de primaria mostraron moito interese e entusiasmo, estas propostas queren fomentar nos máis pequenos a semente da empatía e a acción solidaria.



domingo, 19 de enero de 2025

XORNADA DA INFANCIA MISIONEIRA

"Comparto o que teño" é o lema da Xornada de Infancia Misioneira que celebramos o domingo 19 de xaneiro de 2025. Un día moi importante, no que os nenos (e non tan nenos) estamos convidados a axudar aos demais nenos, especialmente aos que non teñen o necesario para vivir ou non coñecen a Deus. Somos misioneiros, e nós imos axudarlles coa nosa oración e o noso diñeiro.



martes, 7 de enero de 2025

EPIFANÍA DO SEÑOR

Celebramos a festa da Epifanía do Señor, é dicir, da manifestación de Deus a todos, non só ao pobo de Israel. Os Reis Magos veñen de Oriente, dun pobo e dunha cultura moi distinta da do pobo de Deus; e descobren no pequeno de Belén ao Mesías, ao Salvador. Os Reis traen ao Neno uns agasallos (que simbolizan a realidade de Xesús: ouro coma rei, incenso coma Deus, mirra coma home que vai a morrer); pero son eles os beneficiados: atópanse co gran agasallo de Deus que lles ofrece tamén a eles e a todos os que o desexen a salvación que crían posuír só os xudeus. Que saibamos acoller o gran agasallo que Deus nos ofrece en Xesús, camiño de vida e de salvación. E comprometámonos a compartir este gran agasallo de Deus a toda a humanidade, comezando polos máis próximos ofrecéndolles na vida ordinaria xestos sinxelos que reactive neles a esperanza.



miércoles, 25 de diciembre de 2024

NACEU DEUS, QUE SE FIXO PEQUENO PARA SER A LUZ QUE GUÍA O MUNDO

Vivir o Nadal dende o pequeno, o sinxelo, o que pasa desapercibido pero deixa pegada. Esa aperta que non precisa palabras, o sorriso dos teus fillos cando cruzas a porta, o "chama cando chegues".  Unha cunca de café compartida cun amigo, a man que se tende sen esperar nada a cambio, camiñar polo campo. 

A calor dunha chamada para preguntar como estás, a risa espontánea ao redor dunha mesa, a caricia ao final do día que nos di que todo está ben. 
Que este Nadal che envolva o que non se ve pero sente, o que non brilla pero ilumina, o que non se di pero transforma... o milagre de vivir e apreciar cada instante compartido. 
Que atopes a grandeza no pequeno, como o neno que naceu nun humilde pesebre para ser a luz que guía ao mundo.



EUCARISTÍA DO NADAL

A Eucaristía de Nadal celebrada pola nosa Comunidade Educativa foi un fermoso momento para despedir o trimestre. Nun ambiente de acollida e sinxeleza, convidáronnos a vivir o Nadal dende o corazón, con esperanza e espírito de servizo. Durante a celebración lembráronnos a importancia de levar a mensaxe de amor e paz de Xesús ao noso día a día, especialmente nun mundo que tanto o necesita. Nestas datas tan especiais queremos dar as grazas a todos os alumnos e ás familias pola súa inestimable colaboración na Operación Quilo. O obxectivo desta iniciativa é transmitir aos nosos alumnos o valor da Solidariedade, axudando a familias que necesitan deste xesto. 

Que o espírito do Nadal siga acompañándonos neste tempo e no vindeiro novo ano, enchendo as nosas vidas de alegría, amor e solidariedade.



domingo, 22 de diciembre de 2024

IV DOMINGO DE ADVENTO

Este último domingo de Advento enfócase na proximidade do nacemento de Xesús. Neste día, lémbrase o encontro entre María, a nai de Xesús, e Isabel, a súa prima. Este é o primeiro xesto de María despois de acoller con fe a misión de ser nai do Salvador. Poñerse en camiño e marchar apresa xunto a outra muller que necesita neses momentos a súa axuda. Este é un dos trazos máis característicos do amor cristián: acudir xunto a quen pode estar a necesitar a nosa presenza, porque María ensínanos neste domingo para acompañar a vivir con quen o necesite.



viernes, 20 de diciembre de 2024

ORATORIO

Por segundo ano ao longo deste trimestre, os alumnos de 6º de infantil e primeiro ciclo de Ed. Primaria tiveron o seu encontro no Oratorio. É unha actividade que forma parte da educación integral dos nenos no noso centro. 

Nel os  alumnos achéganse a Palabra de Deus, fomentando unha maior capacidade de escoita e reflexión. Este espazo de oración bríndalles a oportunidade de comezar a desenvolver unha relación profunda coa súa fe nun ambiente de recollemento e serenidade. A experiencia do oratorio ofrece múltiples beneficios para os alumnos. Non só reforza a súa capacidade de escoita e atención, senón que tamén lles ensina a valorar o silencio e o recollemento. 

A través da escoita da Palabra, os nenos desenvolven un maior coñecemento da Biblia e comezan a cultivar actitudes de agradecemento e oración, esenciais para o seu crecemento persoal e espiritual. Ademais foméntase a aprendizaxe a través da interioridade. Cremos que estes momentos de encontro con Deus proporciónanlles aos nosos alumnos unha base sólida de interioridade e fe, que lles acompañarán ao longo da súa vida.